Vence critica a "irresponsabilidade de Feijoó" por permitir que Edgewater explote a mina de Corcoest

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e o Secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, entre outros cargos e responsábeis do BNG, participaron esta mañá na tractorada que partía de Carballo ás 10 horas en protesta contra a mina a ceo aberto de Corcoesto.

En declaracións aos medios de comunicación, Vence criticou a “irresponsábel actitude de Feijoó que autorizou, e por riba, subvenciona o expolio dos nosos recursos minerais a beneficio da multinacional canadiana Edgewater Explorations, que vai ter un impacto medioambiental enorme debido á expulsión de cianuro”.

Edgewater explotará os nosos recursos e só deixara contaminación de cianuro e arsénico

O portavoz nacionalista reprochou ao Presidente da Xunta  que “permita a unha multinacional de Canadá que se leven o noso ouro a cambio de nada, que lle permita explotar un recurso que é de todos e todas para tan só deixarnos os efectos perniciosos que traerá a contaminación de cianuro”.

Para Vence a riqueza da explotación de Corcoesto, que apenas vai estar aberta un lustro, “vai desaparecer  íntegramente para enriquecer as contas de Edgewater mentras aquí nos deixarán toneladas de residuos contaminantes moi perigosos: arsénico e cianuro, que van permanecer no noso entorno durante décadas e décadas”. Además, advertiu o portavoz nacional, provocarán danos na saúde, no noso agro, precisamente nun lugar que produce unha das mellores patacas de Galiza, Coristanco, así como a afectación ás explotacións lácteas da zona”.

Advirte tamén dos efectos sobre a saúde e o agro

Para Xavier Vence a “actitude da Xunta denota unha total irresponsabilidade e indiferenza para co noso territorio, tan só se move por criterios economicistas que nen siquera van deixar riqueza no noso pais. Actúan sen estratexia de pais, entragando o ouro gratis, e por se fora pouco, incluso subvencionan á multinacional”. Vence puxo de manifesto que a carga de traballo vai ser mínima dados os negativos efectos que vai ter, “vannos quedar 12 toneladas de residuos, sen esquecer que os empregos serán precarios e poderá destruir moita producción na zona “.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG