O BNG defende manter a proximidade da Xustiza e non encarecela polo que reclamou máis partidos xudiciais que os das sete grandes cidades
Pleno-. Para a deputada, o afastamento da xustiza coa cidadanía resolvese mantendo os xulgados de Instancia nas sete grandes cidades e alertou da posibilidade de que algunha delas poida prescindir deste órgano xudicial coa nova lei. A xustiza, dixo, hai que reorientala pero a lei do Partido popular non a moderniza nin dota de recursos ante novas realidades.
O BNG defende os partidos xudiciais e a proximidade da Xustiza á cidadanía
Os partidos xudiciais, engadiu en resposta á portavoz popular Paula Prado, non son unha simples demarcación territorial, son algo máis e as dotacións de medios e plantillas deben ser diferentes segundo as características das zonas pero non queremos a volta que pretende o Ministerio que dirixe Gallardón. Sr. Rueda, cumpra vostede o artigo 20.2 do Estatuto de Autonomía de Galiza que fixa as delimitacións territoriais dos órganos xurisdicionais en Galiza.
Neste sentido, a nacionalista mostrou a súa sorpresa ao escoitar que será unha lei orgánica a que fixe un partido xudicial por provincia en Galiza polo que preguntou ao vicepresidente e conselleiro de Administracións públicas e Xustiza se sabía o que era unha lei orgánica.
Interpretación errónea da Presidenta da Mesa do regulamento da Cámara.
Previamente á intervención da deputada do BNG tivo lugar un careo entre o vicepresidente Rueda e o deputado socialista Francisco Caamaño ante as continuas alusións do membro do Goberno ao exministro de Xustiza, o regulamento explicou a nacionalista establece que o Goberno poida participar en calquera momento de calquera debate pero as alusións non abren tal debate e de habelo debería ser para todos os grupos.
Tras esta explicación, Tereixa Paz cinguiuse de novo á pregunta parlamentaria da súa autoría e reclamou unha explicación dos plans do Goberno do Estado en materia de xustiza para o ano 2014, non para o ano 2009, nin 2010 nin do 2011 porque o Goberno de Rajoy deseñou un mapa que pon patas arriba a administración de Xustiza e coa súa obsesión centralizadora só entende como único marco referencial a provincia, marco alleo a realidade social e demográfica de Galiza, recalcou.
A parlamentaria lembrou o rexeitamento social e de profesionais da Xustiza contra a lei orgánica do Poder xudicial, sen embargo, dixo, a Xunta segue afirmando que defenderá os tribunais de Instancia nas sete grandes cidades, o BNG, afirmou votará no Congreso contra a lei orgánica pero veremos o que votan vostedes, agardamos que non fagan como noutras ocasións que votan a favor en Galiza e en contra en Madrid como pasou coas participacións preferentes.