Tereixa Paz: "A fraude e a mentira son o gran capital político de Feijoo"

O BNG pide a dimisión de Mato e unha explicación de Feijoo sobre o ERE “encuberto” na Administración galega

A portavoz de Administración pública do BNG, Tereixa Paz presentou hoxe, en rolda de prensa, unha batería de iniciativas parlamentarias destinadas a “parar o ERE encuberto” impulsado pola Consellería de Traballo que afecta a persoal indefinido e interino.

A parlamentaria nacionalista afirmou que, para o Presidente da Xunta “ o fraude e a mentira son o seu maior capital político” porque durante a campaña anunciou que o Partido popular non pediría más “ esforzos e sacrificios aos empregados públicos” e transcorridos dous meses, someteunos a “chantaxe” de escoller entre unha nova rebaixa salarial para o ano 2013 ou despedimentos na Administración galega.

Feijoo debe explicar o ERE na Administración

Neste sentido, dixo, a Xunta optou “unilateralmente” por impoñer unha rebaixa salarial que se está a tramitar no Parlamento, vía orzamentos pero sen estar aprobados, xa aparecen os primeiros despidos e a amortización de postos. Para a deputada, esta medida exise que o Presidente da Xunta explique as verdadeiras razóns do Expediente de Regulación “encuberto” na Administración pública galega.

Por outra parte, a consellería de Traballo, Beatriz Mato, a través dunha reestruturación da consellería tamén despedirá a persoal indefinido non fixo, decisión que a deputada cualificou de “inmoral” se é comparada coa “blindaxe” do contrato do marido da Xerente do Hospital de Ourense, “prima do Presidente da Xunta”.

Tereixa Paz pediu a dimisión da conselleira de Traballo pola súa “nefasta e ausente xestión en políticas de emprego como evidencian os últimos datos de ocupación en Galiza, “a conselleira non cumpre coa súa función de velar pola legalidade en materia laboral porque para tramitar un ERE, explicou, este debe ser anunciado e negociado cos representantes dos traballadores”.

A parlamentaria considerou que a Xunta está incorrendo “ en fraude” á democracia e tamén á separación de poderes porque no articulado dos orzamentos figura que só serán amortizadas as vacantes non ocupadas. Os orzamentos aínda non foron aprobados e o “O PP e Núñez Feijoo incumpren tamén esta condición”.

Expediente de Regulación de Emprego no BNG

A preguntas dos xornalistas sobre o despedimento de traballadores e traballadoras vinculadas ao BNG, Tereixa Paz lamentou que a dirección desta forza nacionalista se vira obrigada ao que cualificou de “dramática decisión” motivada por unha situación económica “insostible” para garantir o futuro dos e das taballador@s.

Paz afirmou que hoxe “é un día dos máis tristes na historia do BNG” porque a súa situación económica, tralos recortes de máis do 70% das achegas publicas e os “malos resultados electorais” provocaron unha situación “non desexada por ninguén”.

A deputada agradeceu o traballo e a militancia do colectivo de traballadores que, a partir de hoxe, non volverán a realizar o seu labor dentro do Bloque Nacionalista Galego e lamentou a marcha dos que considerou “compañeiros e compañeiras”.

Paz tamén agradeceu a contribución económica da militancia para garantir a viabilidade do BNG e o pago das indemnizacións dos traballadores e traballadoras despedidos.

Neste sentido, engadiu que o BNG procurou que as indemnizacións foran “as maiores posibles” dadas as circunstancias económicas e reiterou que os despedimentos obedecen a decisións políticas tomadas polos gobernos central e galego e os recortes de achegas públicas ás organizacións políticas e sindicais.

O BNG non se financia con diñeiro B ni con sobres

A parlamentaria concluíu afirmando que, a diferenza doutras forzas políticas, “O BNG financiase con aportacións económicas da súa militancia e cargos institucionais” e non con “cartos opacos”.

O BNG, dixo, é transparente e non se financia “en B nin con sobres” e as entidades financeiras tampouco nos condonan a débeda coma a outros.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG