Telebng dá voz ás vítimas do corralito galego

Nada mellor que falen as proprias afectadas e afectados para tomarmos conciencia do que está a significar o drama do corralito galego para miles de galegas e galegos, un drama económico, si, mais tamén humano. Telebng estivo na manifestación do pasado sábado na Coruña -unha multitude defendeu alí os seus dereitos- e gravou cinco testemuños que dan noticia de como as vítimas desta monumental estafan non se resignan e pelexan por aquilo que en xustiza lles corresponde.

Telebng -e non a TVG- si dá voz, en condicións e sen censura, ás atrapadas e aos atrapados no corralito galego.

http://youtu.be/ooNzblm5d8g

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG