A suspensión do concurso eólico foi ilegal: Feijoo debe dar explicacións

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, demanda que Feijoo “explique nun pleno extraordinario do Parlamento Galego a súa decisión manifestamente ilegal de suspender o concurso eólico do anterior goberno da Xunta participado polo BNG”.

Jorquera asegura que “a decisión do TSXG de anular a suspensión do concurso eólico non fai senón dar a razón ao que sempre afirmou o BNG: que a decisión do goberno de Feijoo de decretar o parón do anterior concurso eólico foi unha decisión partidaria, irresponsábel, caprichosa, manifestamente ilegal e que tivo graves consecuencias para Galiza porque supuxo renunciar a desenvolver o noso sector eólico como un factor de desenvolmento de Galiza e impediu a creación de miles de postos de traballo, algo moi importante nun contexto de crise no que estamos”.

O responsábel é Feijoo

O candidato do BNG á presidencia da Xunta advertiu de que “a decisión manifestamente ilegal de suspender o anterior concurso eólico, como ven de corroborar o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ten un responsábel: o señor Feijoo, que ten que explicar o seu proceder”.

Nese sentido, Francisco Jorquera instouno “a que convoque inmediatamente un pleno extraordinario do Parlamento Galego para que dea conta das responsabilidades que se derivan deste xeito de proceder”.

 

 

http://youtu.be/XHgeWVQBHls

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG