Rosana Pérez: A xunta con Wert "serviu para constatar a distanza abismal do BNG coa LOMCE"

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, mantivo esta mañá unha xunta co Ministro de Educación, José Ignacio Wert, nas dependencias do Ministerio para trasladarlle a posición do BNG en relación á LOMCE.

Ademáis, fíxolle entrega do documento elaborado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público cun decálogo de propostas para modificar o proxecto de lei e garantir o ensino público, laico e respeitoso coa diversidade lingüística.

Distanza abismal entre o BNG e a LOMCE

A deputada do BNG afirmou que “esta reunión serviu para constatar a distanza abismal entre os plantexamentos da lei e os plantexamentos do BNG”. Explicou que lle entregou a Wert un documento con dez puntos da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte o BNG.

Rosana Pérez puxo de manifesto que “nos centramos na defensa do ensino público e nas críticas á recentralización de competencias”. Salientou as contradiccións do Ministro quen ao mesmo tempo “afirmou que non se está a producir un deterioro na educación pública, mentras lle puxemos enriba da mesa os recortes ou a legalización de subvencións ao ensino privado concertado que mesmo sentenzas consideran ilegais por segregar por sexo”.

No que atinxe á recentralización de competencias, a deputada do BNG ironizou co feito de que o Ministro negase este aspeito ao mesmo tempo que recoñecía que “o Estado só se reservou o 50% das competencias”. O que demostra, enfatizou a deputada nacionalista, que se invaden competencias en horarios, contidos e en materia lingüística.

Vai ao pleno do 16 ou 17 de Xullo

Rosana Pérez insistiu ao Ministro na necesidade de retirar o proxecto e “a que se retire tamén el”. Anunciou a parlamentar do BNG que a LOMCE vai ir ao pleno do 16 ou 17 de xullo, e que o BNG “lle presentará emenda á totalidade”. Asemade, explicou que en setembro será cando se realice a tramitación do proxecto de lei en Comisión.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG