Rosana Pérez pide explicacións a Wert pola supresión fulminante das Bolsas Séneca

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou unha iniciativa na Cámara para pedirlle explicacións ao Ministerio de Educación pola decisión fulminante de eliminar a convocatoria das bolsas Séneca para o vindeiro curso 2013-2014.

“¿Por qué razón decidiu o Ministerio eliminar as bolsas Séneca, tal e como infoma a Conferencia de Rectores das Universidades Españolas?Non se trata dunha medida excesivamente drástica?”, son algunhas das preguntas que a deputada do BNG dirixe ao Goberno.

Dados os feitos, Rosana Pérez pide a Wert que “recoñeza por fin que está reducindo as bolsas e axudas para os estudantes. É consciente de que con este tipo de medidas está mermando a igualdade e a xustiza social xa que só poderán exercer a movilidade universitaria aqueles alumnos con máis recursos económicos? É esta a maneira que ten o Goberno de axudar aos mozos e mozas con menos posibilidades económicas?”.

Mais pasos cara a desigualdade social

A parlamentar nacionalista demanda ao Ministerio que “dea marcha atrás na súa decisión de eliminar as bolsas Séneca que permiten aos estudantes a movilidade entre distintas Universidades do Estado. “Estas axudas equivalen ás Erasmus pero no Estado”. Para o curso 2012-2013, o Ministerio convocou un total de 2.224 bolsas que concedían unha contía mensual, ademáis dunha axuda de viaxe segundo a distanza.

Mais, lamenta Rosana Pérez, “a partir de agora os alumnos e alumnas que queiran realizar algun curso noutras Universidades do Estado carecerán de todo tipo de axudas e as terán que custear eles. Mais unha vez, Wert da outro paso máis cara a desigualdade social porque só os estudantes de clases máis adineiradas poderán permitirse un intercambio. Aqueles con menos recursos económicos nen siquera se poderán plantexar nada”.

Rosana Pérez critica que se “estea desmantelando todo dipo de programas que contribúen a avanzar na igualdade e na xustiza social, programas e bolsas que tamén dan unha oportunidade a aquel alunado con menos recursos económicos. Se mire como se mire todas as decisións en política educativa que está adoptando o Goberno conducen a unha educación como a que existía hai décadas, una educación para privilexiados que obstaculiza o acceso igualitario á educación”.

Recortes nas bolsas Erasmus

Asemade, a deputada do BNG tamén pón enriba da mesa os recortes practicados polo Ministerio nas bolsas Erasmus. Nos Orzamentos Xerais do Estado sufriron unha reducción dun 60% ao pasar de 41 millóns en 2012 a tan só 15 millóns en 2013. E dados os precedentes, a deputada do BNG pregunta ao Ministerio se “ten intención de eliminar tamén estas importantes bolsas que incluso recibiron prestixiosos premios pola súa aportación ao intercambio cultural e social?”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG