Rosana Pérez pide a demisión de Ana Mato nunha emenda a debater no Pleno

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou esta tarde unha emenda de adicción a unha proposición non de lei do grupo socialista sobre sanidade que mañá será debatida no Pleno, e na que a deputada do BNG solicita a demisión da Ministra de Sanidade, Ana Mato.

Non hai razóns para que sega no cargo

Considera Rosana Pérez que "hai razóns sobradas e suficientes para que a titular de Sanidade abandone o cargo que ostenta".

Para a deputada nacionalista, "os perxuizos que as medidas adoptadas por Ana Mato están a causar na poboación debido aos recortes na sanidade, vulnerando o dereito ao acceso universal á sanidade pública, a introducción do copago farmacéutivo, así como o pago por traslado en ambulancia, a suspensión da Lei de Dependencia, sen esquecer, a súa presunta implicación na trama Gürtel, son razóns fundamentadas para solicitar a demisión da Ministra de Sanidade".

Rosana Pérez afirma que "unha Ministra tan fortemente cuestionada e en boca de todo o mundo pola súa presunta relación coa trama Gürtel, non pode seguer a exercer un cargo público".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG