Rosana Pérez pide a comparecencia no Congreso do Ministro de Defensa polo peche de Santa Bárbara

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou hoxe rexistro a solicitude de comparecencia do Ministro de Defensa, Pedro Morenés, para que acuda á Cámara a informar do anuncio de General Dynamics de facer un ERE que afectaría a 700 traballadores de Santa Bárbara, e suporá o peche da factoría coruñesa.

Rosana Pérez quer que o titular de Defensa explique se coñecía a intención da multinancional norteamericana, e que explique que xestións fixo Defensa ante General Dynamics para evitar centos de despedimentos.

A deputada do BNG lembra que no ano 2001 Defensa e General Dynamics asinaron un Acordo de venda das factorías de Santa Bárbara, até entón empresa pública, que incluía un prego de condicións como un Plan de Viabilidade para garantir o futuro da empresa.

Rosana Pérez demanda que Pedro Morenés informe na Cámara se desde o Ministerio se levou un control do cumprimento por parte da multinacional norteamericana das condicións estabelecidas no Acordo. Dada a gravedade da situación, a parlamentar nacionalista demanda que o titular de Defensa compareza canto antes no Congreso.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG