O deputado lembrou que a flota do cerco leva 23 días acampados diante de San Caetano reclamando cotas xustas e capacidade para seguir pescando
O parlamentario do BNG, Daniel Rodas reclamou, a través dunha Proposición non de lei un reparto xusto de cotas para a flota galega en función de barcos e postos de traballo.
O deputado lembrou que a flota do cerco leva 23 días acampando en San Caetano reclamando cotas xustas que lles permita desenvolver a súa actividade pesqueira. Rodas tamén aludiu aos dereitos históricos que permiten un reparto da xarda nun 70% e un 30% baseado en criterios socioeconómicos. Neste sentido, asegurou que 153 barcos galegos correspóndenlle o 25% do total da cota mentres que 59 barcos vascos acada o 50% e que nas artes continxentadas os barcos galegos de pequenas características pescando ao lado dun barco vasco pode pescar catro veces máis a cota galega. Asemade dixo que a división entre o Atlántico e o Cantábrico non contempla a Galiza como un país.Por outra parte denunciou que no Golfo de Cádiz o xurelo aumentara dun 10% a un 30% do total da cota.
Para o nacionalista existe outro problema derivado do reparto en fondo que está dividindo a flota, é intolerábel dixo, que na 8C 73 barcos que comparten as cotas teñan 1.400 toneladas e 28 barcos de xestión individual teñan 1.500 toneladas. O reparto individual do xurelo e a xarda condena a maior parte da flota a cotas irrisorias.
Sobre este extremo, denunciou que en Galiza só podemos pescar 15.000 quilos de xarda e 20.000 de xurelo cando hai dous anos podiamos pescar 7.000 de xarda e 6.000 de xurelo cada día e barcos que non son galegos que descargan 40.000 quilos no porto da Coruña.
O PP ten que marchar para casa
O deputado non aceptou a emenda do Partido popular destinada a elaboración dun estudo sobre as condicións e criterios do reparto. O nacionalista respondeu que non é preciso ese estudo e acusou ao PP de querer volver a enganar ao sector, se despois de sete anos gobernando a Xunta e trinta gobernando o país aínda non saben os criterios para un reparto xusto, que se vaian para casa, concluíu.
A inicitiva do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.