BNG reclamou, a través do seu deputado Luís Bará, crear unha comisión de investigación sobre o financiamento ilegal do Partido popular en Galiza. A iniciativa nacionalista foi rexeitada, na Cámara galega, polo partido maioritario do PP.
Na súa intervención, o nacionalista lembrou que tras 8 anos de investigacións xudiciais cada vez existen máis evidencias sobre a corrupción do Partido popular, “feitos acreditados por sentenza xudicial” que condeno ao PP na Gürtel como participante a título lucrativo a unha multa de 245.000 euros. Para o deputado, está era a punta do iceberg até chegar ao papeis de Bárcenas e “os pagos en B dende a sede de Génova”.
O deputado afirmou que “aínda falta moito por saír a luz” e tras o investigado o Partido popular de Galiza non é moi distinto ao Partido popular como demostraron as declaracións de Pablo Crespo sobre un “sistema de corrupción xeralizado no PP co 75% en B”. Pablo Crespo, dixo Bará, foi deputado do PP no parlamento galego, secretario de Organización do PPdeG nos anos 90, Vogal de Portos de Galiza, conselleiro da COTOP e vicepresidente da Xunta e condenado na operación Gürtel.
Nun informe do ano 2006 do Xerente do PP de Galiza, Modesto Fernández, aparecen ingresos por 2,6 millóns: dos cales en A 700.000, o resto en negro por ingresos de empresas e empresarios adxudicatarios de obra pública, “beneficiados por decisión do goberno da Xunta do Partido popular”.
Hai que recortar que no ano 2006 Feixóo era presidente da Xunta e Alfonso Rueda Secretario xeral do Partido popular, enfatizou o deputado.
Bará tamén aludiu ás revelacións de Bárcenas, xerente do Partido popular, sobre o “pago en negro” de 50.000 no ano 2010 por parte do xerente do PP de Pontevedra en sobres de 25.000 euros a Mariano Rajoy e Dolores de Cospedal. O deputado lembrou que nesa época a Xunta estaba gobernada polo Partido popular ao igual que a Deputación de Pontevedra no ano 2010.
“Estamos diante de Feitos acumulativos, recorrentes e moi graves que poñen de manifesto unha trama organizada” e xa non vale a teoría das mazás podres, con casos de persoas concretas, corruptas, apostilou. Mentres o presidente do Partido popular, Pablo Casado renegaba das direccións anteriores do PP implicadas na trama corrupta da caixa B: Anunciando o traslado de Génova, “Feixóo criticou publicamente esta decisión e defendeu as direccións anteriores”, por aquilo da lealdade mariana, e ao seu mentor Romai Beccaría, ironizou o deputado.
O PP veta investigar a corrupción nas súas filas
Fronte á gravidade destes feitos e a implicación directa do PP de G, o BNG propón crear unha comisión de investigación parlamentaria para coñecer a verdade sobre a financiamento en B do PP de G e vostedes, dixo o nacionalista dirixíndose ás bancadas do Partido popular deberían ser os primeiros interesados en limpar a súa imaxe e desmarcarse dese “pasado turbio”. A mellor maneira de facelo é mediante unha investigación exhaustiva dos feitos denunciados, a investigación de tramas de corrupción que tiveron consecuencias graves, “saqueo das arcas públicas e adulteración dos procesos democráticos nas campañas galegas de 2005 e 2009”, reiterou.
Por outra banda, Luís Bará recriminou ao Partido popular que utilizara a pandemia para vetar a comisión de investigación e respondeu que abrir esta comisión é “unha cuestión de saúde democrática e defender as contas públicas fronte a organizacións que saquean para beneficiar a empresas e partidos”.
Para o deputado, o custe da corrupción pode alcanzar os 124 mil millóns de euros e “en materia de corrupción non vale mirar para outro lado”. O PP debe escoller seguir defendendo os cartos en B, o saqueo e a corrupción ou rachar con ese pasado e limpar “os pozos negros que vinte, dez anos despois seguen botando por fóra”.
O deputado do BNG lamentou que o grupo maioritario do Partido popular vetara a proposta nacionalista para investigar o financiamento ilegal do PP en Galiza.