Desde o BNG facemos un chamamento a apoiar e participar activamente nas mobilizacións convocadas polo movemento LGBT galego como motivo do Día do Orgullo LGBT (28 de xuño).
A continuación trasladamos listaxe de convocatorias:
- Ferrol: 25 de xuño, 12:30 h.; Praza de Amada García.
- Baiona: 27 de xuño, 11:30 h.: marcha dende Baiona (Lonxa), Gondomar (Praza de Abastos) e Nigrán (Praza do Concello) cara A Ramallosa; leitura de manifesto na Ramallosa ás 12:30.
- Lugo: 28 de xuño, 20:00 h., praza Horta do Seminario.
- Ourense: 28 de xuño, 20:00 h., estatua Blanco Amor (Praza Bispo Cesáreo)
- A Coruña: 28 de xuño, 19:30 horas; Praza de Ourense.
- Compostela: 28 de xuño, 20:00 horas, Praza 8 de Marzo.
- Vigo: 2 de xullo, 20:30; saída do Cruce Vía Norte.
- Pontevedra: 2 de xullo, 20:00 h., Praza do Hospital Provincial.
En defensa da liberdade e da diversidade!