Día Internacional pola Visibilidade Trans

Reiteramos o noso compromiso coa visibilidade Trans

Trans
Trans

O BNG quere aproveitar o día 31 de marzo en que se conmemora o Día Internacional pola Visibilidade Trans para reiterar máis unha vez o noso compromiso co colectivo LGBT en xeral e coas persoas trans en particular ante os continuados ataques e discriminación sistemáticas que sofren por mor da súa identidade de xénero, sobre todo as mulleres trans que se enfrontan día a día a unha dupla discriminación.

O BNG condena todo tipo de violencia machista e transfóbica, reiterando que as mulleres trans tamén son vítimas do feminicidio e do terrorismo patriarcal que atentan contra a vida das mulleres.

Seguimos a colaborar estreitamente coas organizacións LGBT de base e nas actividades que desenvolven, participando moi activamente nas manifestacións e concentracións que se convocan en repulsa da violencia transfóbica e LGBTfóbica en xeral co fin de visibilizar as seus reivindicacións no praza pública e para contribuír a transcender os prexuízos e a discriminación sociais que denegan a cada un/ha o dereito de ser quen é en total liberade e respecto e a vivir con dignidade.

Acrecentamos a nosa voz á do propio colectivo ao seguirmos exixindo: a plena despatoloxización da transxeneridade; a aprobación da Lei integral trans galega; unha reforma educativa integral que permita que todas as crianzas, independentemente da súa sexualidade ou identidade de xénero, medren libres e respectadas; promocionar unha formación específica que garante que as e os profesionais do sector público (sanidade, educación administración...) non atenden coa dignidade e respecto que merecemos.

Seguiremos traballando en estreita relación co colectivo trans e as organizacións LGBT para crearmos unha Galiza segura para todas e todos, exixindo dereitos básicos como o dereito a ter un nome, a camiñar pola rúa sen medo, ao traballo, á vivenda, á saúde e ao benestar. Face a un sistema que nega a identidade das persoas trans, o BNG comprométese a seguir abandeirando e defendendo o dereito de todas as galegas e de todos os galegos a viviren con dignidade, liberdade e respecto independentemente da súa identidade de xénero, sexualidade, o seu lugar de nacemento ou a cor da súa pel.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG