parlamento galego

O PP vota en contra de garantir a materia de Igualdade de Xénero na educación pública

Mercedes Seixas
Mercedes Seixas

Mercedes Queixas alerta do incremento do antifeminismo e negacionanismo da violencia de xénero entre os adolescentes e o aumento de agresións sexuais a menores

Afirmou que o PP “recua” en política de igualdade tras as súas alianzas coa ultradereita

A deputada do BNG, Mercedes Queixas  defendeu unha proposición non de lei  instando á Xunta a garantir a oferta da materia de Igualdade  na oferta curricular das diferentes etapas educativas cunha dotación horaria suficiente . A proposta foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular.

Tras a intervención da deputada popular, María Elena Suárez Sarmiento que xustificou o voto en contra  da proposta do BNG  afirmando que a igualdade de xénero xa  está presente no currículo escolar,  a nacionalista, Mercedes Queixas replicou que  “a educación é parte da solución” pero o PP “recua en Igualdade”.

Para Queixas, a afirmación da portavoz popular, “demostra un absoluto descoñecemento do sistema educativo galego” e  recalcou que “a educación é a columna vertebral  da sociedade”. Ademais, lembrou que no curso pasado esta materia foi impartida e tanto o profesorado como o alumnado saben que este ano non poderán cursala. Produce “vergoña allea” defender algo que se descoñece, criticou.

A nacionalista explicou que o Informe do Consello Económico Social,  recomenda á Xunta “intensificar os esforzos en política de igualdade” e o goberno galego responde “eliminando de raíz a materia de educación en igualdade de xénero”.

A deputada concordou co “concepto de transversalidade” enunciado pola portavoz popular pero matizou que non hai “un enfoque transversal en ningunha área e tampouco en educación”, é isto, indicou conduce a arbitrariedade do docente porque pode contar con formación ou non así como atopar tempo entre as moitas transversalidades que temos que atender na escola ou ben, pode ser que non o atope porque todo dependerá da súa vontade. Por outro lado, tampouco contaremos con ningunha ferramenta de avaliación, nin currículos. Polo tanto, todo conduce a “disolución dos contidos” e vostedes isto noutras materias non permitirían que isto acontecera.

Nesta liña, a nacionalista preguntou á portavoz do PP como se avalía a transversalidade. Que o Partido popular abandone, de maneira específica,  a violencia de xénero na educación implica para a deputada do BNG “deixar a formación afectiva sexual da infancia e mocidade en mans de internet”.

A  nacionalista alertou do risco  das redes, da pornografía e a manoesfera  que provocan a proliferación de páxinas, perfís, influencers con grande relevancia  na “caverna misóxina”  educando a nosa infancia e adolescencia, dixo en “mentiras, falacias, datos falsos e  grande confusión sobre as relacións sexuais e afectivas sans”.

Mercedes Queixas reiterou que a educación favorece o pensamento crítico e a educación sempre é parte da solución, non “do problema”. Dende a escola hai que contrarrestar o que lle chega a nosa infancia e ao noso alumnado e o PP agora “volve a recuar” en igualade eliminando esa materia.

A deputada criticou as alianzas do Partido popular coa ultradereita de VOX, un partido que se nega a colocase ante as pancartas para denunciar a violencia de xénero, non participa dos minutos de silencio polas mulleres asasinadas nos   gobernos co PP toman como primeira medida a eliminación de concellerías e consellerías de igualdade. Este é o PP galego con Rueda a cabeza nunha campaña do 25N contra a violencia de xénero baixo o lema “non debería pasar pero pasa” e agora financian campamentos de verán organizados pola OJE, esa organización do franquismo.

“A formación en igualdade de xénero e a loita contra o machismo debe estar fóra “de toda loita partidaria” e debe ser o cordón umbilical que alimente a sociedade no respecto mutuo e contra a  discriminación por razón de xénero”, concluíu.   

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG