parlamento galego

Partido Popular veta a proposta do BNG destinada a favorecer a incorporación da mocidade á actividade agrogandeira

Carme Aira
Carme Aira
Carme Aira propuxo un Plan integral con medidas concretas para incentivar á xente máis nova con  asesoramento e axudas suficientes, fortalecer as pequenas e medianas empresas e  dotar o rural de servizos básicos   

A portavoz de Desenvolvemento Rural do BNG, Carme Aira defendeu na comisión de Agricultura a posta en marcha dun Plan integral para o asesoramento da mocidade na súa incorporación á actividade agrogandeira e lamentou, que unha vez máis, o Partido popular vetara a iniciativa  nacionalista destinada a reactivar  o medio rural e impulsar o cambio xeracional.

A deputada xustificou a proposta na necesidade de responder a unha realidade incontestable, vivimos, dixo, “nun país envellecido, con escasa superficie agraria útil e cun rural en risco severo de peche” de aí,  a urxencia de  políticas activas por parte do goberno galego.Por outra parte, salientou as dificultades para levar adiante as granxas que inflúe negativamente á hora de incorporacións da mocidade.

Para a deputada, as políticas do Goberno galego  para o agro no que atinxe  a obter máis superficie agraria ou forestal son “insuficientes”  e  baséanse nos instrumentos da Lei de recuperación de terras, con  efectividade desigual e algunhas delas fracasadas como as “aldeas modelo”, os polígonos agroforestais e  as permutas, Ademais, subliñou ,  que o Bantegal  está completamente “inoperativo,  con prezos inasumíbeis e sen oferta de predios”.

Carme Aira tamén denunciou os atrancos  das  políticas do PP  que impiden poder  modificar estruturalmente o sistema produtivo primario, fortalecer as pequenas e medianas granxas ou diversificar suficientemente a actividade agraria. Son políticas que podemos, explicar  en 3 medidas:

- Plans estratéxicos, “xenéricos, inconcretos e pouco pŕacticos para mellorar os sectores  

- As axudas directas co anuncio de 12 M€ para a carne de calidade en extensivo, cantidade que rematará e deixará a moitos gandeiros e gandeiras sen a axuda , e a bolsa da PAC cada vez c “con menos diñeiro” que conleva a  merma das axudas para este período en comparación coas cantidades previamente estimadas.

A  maiores,  vivir no rural supón enfrontarse a fendas  de xénero, de acceso a servizos básicos como a mobilidade, conciliación, ocio, conectividade, educación ou sanidade e os nosos xovenes tampouco contan con axudas para incorporarse a actividade agrogandeira.

Por todas razóns demandamos elaborar un Plan  integral que marque uns obxectivos claros a medio prazo e estableza un nivel de apoios que transcendan as axudas da PAC porque “non  chega con publicar convocatorias e que sexan as persoas xóvenes as que decidan a cegas meterse en proxectos que son en por si complexísimos”.

A xuízo da deputada,  a política debe crear  “o marco no que estas persoas  exerzan  a súa actividade produtiva,  darlle cohesión ás nosas producións primarias, cuestión que sen dúbida repercutirá no desenvolvemento integral do rural”.

Por outra banda, a deputada considerou que  a  FP debe mellorar  profesionalizando as actividades agrogandeiras e a transferencia de coñecemento para  implicar a tódolos sectores na escolla das actividades agrarias e gandeiras que poidan ter un mellor desenvolvemento e perdurabilidade.

Na realidade, afirmou Carme Aira, a mocidade  ten que enfrontarse  “á falta de profesionalización, á falta de asesoramento público continuado,  e a  axudas cada vez  máis pequenas cando os prezos son cada vez máis elevados”.

“Precisamos novas incorporacións e eles precisan maior apoio e coherencia nas axudas, a política da Xunta ten que deixar de ser pasiva conformándose con sacar convocatorias de axudas da PAC e pasar a ser proactiva, con un proxecto que vaia máis alá da PAC para facilitar  a captación de novas incorporacións e un tránsito máis amable por esta experiencia”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG