O PP rexeita recorrer ante o Constitucional a lei que reforma a Administración local

Tereixa Paz

Tereixa Paz defendeu o recurso contra unha lei “centralista, centralizadora e ao servizo do austericidio dos servizos públicos” e pediu impugnala.

Tereixa Paz en sesión plenaria

 A deputada, que pediu a impugnación da lei, asegurou que a reforma vulnera a atonomía local e socava o autogoberno de Galiza.

E unha lei centralista, centralizadora, privatizadora ao servizo do “austericidio” dos servizos públicos que consolida un modelo de Estado baseado na división provincial e na homologación de todos os territorios.

Para Tereixa Paz, as deputacións provinciais representan as verdadeiras duplicidades e esta lei aprobada polo Goberno central atribúelles máis competencias e consolida unha organización administrativa homoxénea en todo o territorio pero contra a cidadanía.

É unha lei “mesetaria” na que as competencias municipais non son específicas nin diferenciadoras porque ao Goberno do Estado, afirmou, “dálle igual un concello de Galiza que un de Burgos”.

A maior parte dos servizos públicos, que agora pasarán a mans das Deputacións provinciais, “serán privatizados” porque a lei establece que a principal funcións das administracións públicas é asegurar o proxecto de estabilidade financeira e non a prestación de servizos de calidade á cidadanía.

Tereixa Paz

A lei bota por terra o establecido no Estatuto no artigo 27.2 referido á capacidade de Galiza para a organización de formulas propias sobre o territorio, parroquias rurais, comarcas e entidades locais con réxime xurídico.

A deputada lamentou que os votos desfavorables da maioría absoluta do Partido popular impediran que prosperara o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de reforma da Administración local, defendido hoxe pola oposición na Cámara galega.

Tereixa Paz concluíu denunciou que o Goberno galego non defendeu ante o Estado as entidades locais e os principios do Estatuto de Autonomía polo que reiterou a súa petición de “impugnar” a lei.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG