O PP non quere informar das empresas beneficiarias de contratos públicos da Xunta

Jorquera pediu,  a través dunha moción, que o Parlamento fose informado das empresas implicadas en “doazóns ilegais ao Partido popular”

Francisco Jorquera, portavoz do G.p do BNG

Pleno. O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera lamentou hoxe que o PP non votara a favor da moción nacionalista para responder sobre a “presunta financiación ilegal do Partido popular” a través da contratación pública da Xunta.

A iniciativa do BNG propuña instar a Xunta informar, coa máxima celeridade, “das relacións coas empresas beneficiarias de contratas públicas” citadas no informe do xerente do PP de Galiza en 2006, como “autoras de doazóns ilegais ao Partido popular”.

 O BNG pide a comparecencia de Feijóo

O parlamentario instou a Xunta a informar das relacións coas empresas coas empresas beneficiarias citadas no informe do xerente do PP de Galiza como autoras de doazóns ilegais ao Partido popular, unha auditoría do Consello de Contas de Galiza ás citadas empresas e as comparecencias do Presidente da Xunta, do exsecretario Pablo Crespo e o Xerente do PPdeG, Modesto Fernández para dar explicacións “en sede parlamentar” sobre “financiamento irregular do partido.”

Francisco Jorquera intervén no pleno de Orzamentos

É necesaria unha profunda rexeneración da democracia e non podemos tolerar, firmou, que os escándalos que salpican ao Partido popular, no que incluso pagan sobresoldos ao seus dirixentes, segan pervertendo a democracia “beneficiándose do exercicio do Goberno e utilizando diñeiro público” no seu beneficio.

Paula Prado pide a Jorquera que utilice sempre o termo “presunto” 

Pola súa parte, a voceira popular, Paula Prado arremeteu contra o portavoz nacionalista ao que lle esixiu que en todo momento se referira ao financiamento ilegal como “presunto” e acusou a BNG de manter unhas contas dentro da formación política “pouco claras”.

Tras a intervención de Prado, Jorquera manifestou que o propio informe do Consello de Contas reflicte a “intachábel contabilidade” do BNG mentres que o mesmo informe advertía dunha “infracción de legalidade” no Partido popular co fin de ocultar a procedencia de fondos, “no BNG non hai ningún caso aberto sobre financiamento electoral” e o Tribunal de Contas declara que o BNG “é a forza política do Estado que máis se sostén, grazas as cotas e aportacións da súa militancia e menos depende de subvencións públicas”.

Sr. Prado, engadiu, vostede sempre apela a contabilidade do PP ao Tribunal de Contas do Estado, só faltaría, ironizou o nacionalista, que lle entregaran vostedes ao Tribunal “a contabilidade B”, somos tontos pero non tanto.

Jorquera tamén se referiu a Bárcenas e a Rajoy quen afirmou poñer a mans no lume polo tesoreiro popular, igual que o dixo dos señores, Matas, Fabra e de tantos outros, lembrou.

O deputado concluíu a súa intervención explicando que o problema non é o termo “presunto”, a realidade é que o Partido popular galego rexistrou no ano 2006 case dous millóns de euros en “doazóns opacas”.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG