Ana Pontón lamentou os insultos da portavoz popular, Paula Prado e a intención do PP de converter o Parlamento galego nun circo para desviar os debates
A parlamentaria do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe en comisión parlamentaria unha Proposición non de lei sobre a reprobación das declaracións do alcalde de Baralla, Manuel González Capón nas que xustificou os crimes cometidos polo franquismo. A iniciativa nacionalista que incluía a petición de dimisión de González Capón foi rexeitada polo Partido popular.
No transcurso do debate, a nacionalista lamentou todas as barbaridades e insultos proferidos pola portavoz popular, Paula Prado e a intención do Partido popular de converter o Parlamento galego nun circo con continúas provocacións para desviar os debates.
Na súa intervención, Pontón cualificou o Golpe de Estado do ano 36 dunha das páxinas máis negras da historia pola brutal represión e instauración dunha ditadura que milleiros de cidadáns sufriron con terror e conculcación e violación dos dereitos humanos, polo que, afirmou resulta intolerable a súa xustificación.
O franquismo, engadiu, puxo en marcha un plan organizado para exterminar a miles de persoas como reflicten os documentos recollidos no auto do xuíz Garzón. Nesta liña, a deputada aludiu á instrución ditada polo Xeneral Mola: Producido el Movimiento y declarado el Estado de Guerra se tendrá en cuenta que la acción deberá ser en extremo violenta para reducir lo antes posible al enemigo que es fuerte y está bien organizado, serán encarcelados todos los directivos de los partidos políticos no afectos al Movimiento...es necesario propagar una imagen de terror, cualquier defensor del Frente Popular deberá ser fusilado...
En termos especialmente duros, engadiu, manifestábase o Xeneral Queipo de Llano ao declarar en Radio Sevilla, Yo os autorizo a matar como aun perro a cualquiera que ejerciera coacción ante vosotros quedando exentos de toda responsabilidad ...para acallar a todos esos idiotas congeneres de Azaña...nuestros valientes legionarios y regulares han enseñado a los rojos lo que es ser hombres y de de paso a las mujeres de los rojos, que ahora por fin han conocido hombre de verdad y no castrados milicianos, dar patadas y berrear no las salvará....
O BNG sempre condenou o terrorismo e apostou polas vías pacíficas
Tras a lectura de ambos textos, a parlamentaria afirmou que O BNG ten tras de si unha traxectoria histórica en defensa da democracia e contra a ditadura defendendo vías pacíficas aínda que o Partido popular, se empeñe en todo o contrario.
Outros nas súas filas, asegurou teñen as mans tinguidas de sangue e compartiron o réxime fascista. A transición pactada entre os partidos estatais co réxime permitiu que moitas desas persoas non foran xulgadas e que aínda hoxe, en pleno século XXI, non condenen os atentados contra as institucións democráticas e contra a vida.
Pontón lamentou que o Partido popular non reprobe nin exixa a dimisión de Manuel González Capón e sega tentando tapar feitos tan graves, como que un alcalde e deputado provincial xustifique e ampare os crimes do franquismo.