O PP impide que o Parlamento presente recurso de inconstitucionalidade contra a LOMCE

Cosme Pombo

A iniciativa nacionalista, defendida polo deputado Cosme Pombo, contou co apoio de AGE, PsdeG e Grupo Mixto

Cosme Pombo defende presentar recurso de inconstitucionalidade contra a LOMCE

 Pleno.- O PP volve a usar a súa maioría absoluta para rexeitar unha proposta do BNG destinada a interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra a LOMCE que contou co apoio do resto dos grupos parlamentarios.

Na defensa da iniciativa nacionalista, Cosme Pombo iniciou a súa intervención saudando aos membros da Plataforma en defensa do Ensino Público presentes no debate dende a tribuna de convidad@s.

O deputado manifestou que a reforma educativa (LOMCE) non está pensada para atender as necesidades reais da educación nin “corrixir aspectos que reclama a Comunidade educativa galega”.O que pretende esta reforma, recalcou é atinxir “obxectivos ideolóxicos e partidistas” que nada teñen a ver coa mellora da calidade da educación galega, “ repudia a coeducación, subvenciona centros segregadores, non garante prazas públicas suficientes no ensino galego, elimina a xestión democrática dos centros, reduce as competencias do Goberno galego, recorta os dereitos de profesorados e alumn@s e tamén os dereitos do propio idioma”.

A LONCE non conta co consenso nin a aprobación da Comunidade educativa galega

Unha Lei de tanta relevancia, dixo, sen consenso nin debate social e coa contestación maioritaria da Comunidade educativa galega, para defender polo trámite de urxencia a presentación dun recurso de inconstitucionalidade , o BNG só pode dispor de cinto minutos, criticou a pesar de ser unha Lei de grande importancia porque nega as competencias de Galiza, “non quixeron escoitar a contestación permanente contra a LOMCE do estudantado, da comunidade educativa, das Comunidades Autónomas que piden a súa retirada”, criticou.

Ante a brevidade do tempo para a defensa da iniciativa, o nacionalista reiterou que a “LOMCE nace morta por falla de consenso que responde a un modelo educativo a medida dos intereses ideolóxicos e económicos de sectores da dereita española”.

A LOMCE nega a realidade plurinacional e os dereitos lingüísticos

A Lei é “clasista, mercantilista, confesional, antisocial e fondamente negadora das realidades nacionais” , un modelo educativo nega a realidade histórica e cultural da nación galega, queren que esquezamos que “Galiza xa tiña Rei antes que Castela Lei”.

Cosme Pombo

Pola súa parte, o portavoz de educación do Partido pular Román Rodríguez asegurou que a LOMCE é “unha oportunidade para mellorar a educación de xeito solidario en cada territorio”e negou que a nova lei de educación invada competencias galegas.

Na quenda de réplica, o deputado do BNG respondeu que, queren as universidades só para as xentes con cartos, currículos nas materias troncais, establecer o 50% de contidos e horarios e mentres pretenden aplicar esta política educativa recentralizadora “o Goberno galego cala ”.

Pero o BNG non cala e defende que Galiza decida sobre a educación e como organizar os servizos educativos sen interferencias, o Goberno debe procurar máis recursos económicos para o ensino público galego e permitir o avance da lingua galega, “fagámoslle unha homenaxe a Rosalía de Castro para que o noso idioma non sexa considerado estranxeiro na nosa Patria”, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG