O PP impide debater a reforma do aborto na Comisión de Igualdade

Carme Adán acusou á Secretaria de Igualdade de permanecer “muda” sobre a modificación da lei do aborto e reclamou incluír o debate pola reforma no inicio da actividade da Comisión de Igualdade no Parlamento galegomanifa-aborto-16-06

O Parlamento galego iniciou hoxe a súa actividade na comisión non permanente de estudo para a Igualdade e Dereitos das Mulleres ao fin de aprobar as normas de funcionamento e elaborar o vindeiro plan de traballo.

A deputada do BNG, Carme Adán propuxo introducir “de maneira urxente” o debate da reforma do aborto impulsado polo ministro Gallardón que está a provocar grande resposta social.

A nacionalista lamentou que o Partido popular impedira debater sobre unha cuestión dixo, que afecta “non só as mulleres” e que representa a “maior involución en décadas”.

Adán reclamou ao PP asumir o debate sobre a reforma do aborto e solicitou a comparecencia na comisión da Asociación Vela luz e de persoas expertas en saúde sexual.

A secretaría xeral de Igualdade  “muda” ante a reforma

Por outra parte, a deputada acusou á Secretaria de Igualdade de permanecer “muda” ante o debate social suscitado pola modificación da lei que substitúe prazos por supostos para a interrupción do embarazo e criticou que a comisión de Igualdade “furte” os debates sobre os dereitos das mulleres en xeral circunscribíndoa á violencia de xénero.

Carme Adán en Comisión

Para a deputada, no Partido popular non existe vontade de mellorar os dereitos das mulleres e esta reforma, afirmou, “demóstrao” claramente. Os datos están en riba da mesa, engadiu, Galiza mantén a taxa máis baixa de IVEs de todo o Estado e no ano 2012 mesmo descendeu a respecto do ano 2011, “sete mulleres de cada mil abortaron no noso país”, media inferior en relación á media europea.

“Existindo unha taxa tan baixa e unha lei que funciona ben” non é necesario modificar a lexislación para pasar de prazos a supostos e a reforma sitúanos á cola de Europa en materia de interrupción voluntaria do embarazo, sentenciou.

Finalmente, os votos en contra do Partido popular impediron que as propostas do BNG prosperaran.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG