O PP frea o trámite da ILP para restituír os dereitos laborais do profesorado e mellorar o Ensino

Anxo Louzao defende a ILP

No trancurso do debate da Iniciativa Lexislativa Popular,  o parlamentario do BNG, Cosme Pombo apoiou  restituír os dereitos laborais e retributivos do profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza

Intervención do deputado do BNG, Cosme Pombo na ILP

Tras a defensa da Iniciativa lexislativa Popular, avalada por máis de 29.000 sinaturas e defendida no pleno do Parlamento galego polo Secretario Nacional da CIG Ensino, Anxo Louzau, o portavoz de Educación nacionalista, Cosme Pombo amosou o apoio do BNG á iniciativa para restituír os dereitos laborais e retributivos do profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza.

O deputado afirmou que “o BNG sempre defendeu e defenderá o dereito ao ensino público, galego e de calidade” polo que remarcou a importancia da toma en consideración da Iniciativa lexislativa Popular.

Os dereitos laborais do profesorado a debate  no Parlamento o día  Clase Obreira Galega

No día da “Clase Obreira Galega”, Cosme Pombo felicitou ao portavoz da ILP por defender os dereitos laborais e retributivos do profesorado. O grupo parlamentario do BNG, “dálle a benvida” a Iniciativa Lexislativa Popular hoxe sometida á consideración do Parlamento, é “que vostede defendeu coa dignidade do aval das sinaturas e da organización que representa”, a Confederación Intersindical Galega, “ Central maioritaria do ensino na Galiza”.

Anxo Louzao defende a ILP

Pombo reclamou restituír os dereitos laborais e profesionais do profesorado, “recortados na era de Feijóo” así como mellorar a calidade do ensino en Galiza, “deteriorada polas políticas da mesma era”.

Defensa dos dereitos do profesorado e calidade do ensino

 Na súa intervención, afirmou que para o BNG, á educación representa “un piar fundamental” no desenvolvemento e benestar de Galiza. “Defendemos un sistema educativa plenamente galego, planificado e ordenado sobre as nosas necesidades e realidade, social, económica e cultural”, recalcou.

O BNG defende a ILP,explicou, porque contempla medidas dun sistema educativo ao servizo público e básico para o noso país, “fulcral para a súa transformación social e galeguización”.

Cosme Pombo escoita dende o escano a intervención de Anxo Louzao

Asemade, é preciso, dixo un cambio do marco legal educativo que o BNG tamén considera necesario para posibilitar “a educación nun estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe do Estado español”.

O PP impide a toma en consideración da ILP

Pola súa parte, a portavoz do Partido popular, María Soledad Piñeiro anunciou o voto desfavorábel a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa popular.O parlamentario lamentou que o PP sega no camiño de “liquidar importantes avances como a gratuidade dos libros de texto, comedores escolares e eliminar ducias de escolas así como reducir, en preto de 3.000 ensinantes, o cadro de persoal”.

Redución do 30% de orzamento e merma do ensino público “é o modelo Wert que se aplica na Galiza, sen vergoña”, concluíu o nacionalista.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG