O PP desoe ao BNG e decide “parar a actividade parlamentaria” no mes de xaneiro

Jorquera pediu a comparecencia de Núñez Feijóo para explicar os resultados da viaxe Cuba e habilitar o mes de xaneiro no Parlamento galego por coincidir co desmantelamento de Pescanova, a venda de Novagalicia Banco e o futuro de Navantia. O PP rexeitou todas as solicitudes do portavoz do grupo parlamentario do BNG.2 xunta de portavoces (1)

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera lamentou hoxe, tras a Xunta de portavoces, que o Partido popular, unha vez máis no uso da súa maioría parlamentaria, impida habilitar o mes de xaneiro, período, dixo, no que coincide o desmantelamento de Pescanova, a venda de Novagalicia Banco e o futuro de Navantia.

Para o portavoz nacionalista, “non é entendíbel” que o Parlamento galego non celebre sesións plenarias e de comisións dende o 20 de decembro ate iniciado febreiro nun momento no que se están aplicar “políticas de austericidio” e nun período no que serán decidas cuestiónS esenciais para o futuro de Galiza.

O deputado tamén se referiu a negativa do goberno a que compareza o Presidente da Xunta e explique os resultados da súa viaxe a Cuba, amparándose na súa maioría parlamentaria.

O Goberno protesta por falta de tempo para preparar as respostas das preguntas formuladas pola oposición

O representante do Goberno, Pedro Puy expresou hoxe a súa protesta pola falta de tempo para preparar as preguntas formuladas pola oposición que deberán ser respondidas no vindeiro pleno do martes, anécdota que Jorquera cualificou de “feito inaudito”. Qué sería do Goberno galego se tivera que rexerse polas regras do Parlamento inglés onde o Goberno descoñece as preguntas que lle serán formuladas, preguntou.

Jorquera anunciou que dentro da orde do día da vindeira sesión plenaria, a Xunta de portavoces incluíu as iniciativas do BNG relativas á situación dos emigrantes retornados, o financiamento irregular do PP, as multas a preferentistas por participaren en mobilizacións, o novo canon de Sogama, a denegación de bolsas solicitadas en galego e a pregunta ao Presidente da Xunta sobre os recortes en ensino e sanidade.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG