Pontón: “ Mentres arruínan a Galiza, Feijóo xoga a ser o Sancho Panza de Rajoy”

 A deputada denunciou que a Galiza que deixa Feijóo é máis “pobre, desigual e sen futuro”

Intervención da viceportavoz do BNG

Debate de Política Xeral. A viceportavoz do BNG, Ana Pontón, afirmou hoxe sentir vergoña de que, mentres arruínan Galiza, “Feijóo xoga a ser o Sancho Panza de Rajoy”.

Na súa intervención, na segunda xornada do Debate do Estado da nación, a parlamentaria defendeu as propostas de resolución do BNG centradas na “capacidade e dereito de decidir de Galiza.

Pontón asegurou que Feijóo “non representa a recuperación económica” ao contrario, é o aval da “pobreza, a marxinación e subordinación de Galiza”.

O fracaso da austeridade.

Aínda que veñan a contarnos aquí películas de ciencia ficción, son conscientes do desastre que están a provocar.Os galegos e galegas “xa non comulgan coas súas mentiras”, recalcou a parlamentaria.

A Galiza que deixa Feijóo é “máis pobre, desigual e sen futuro”, e senón pregúntello vostedes a xente nova condenada a emigrar e cun salario medio de cincocentos euros.

Neste sentido, lembrou que os salarios baixaron en Galiza por riba da media a pesar de seren xa os máis baixos do Estado. Defender impostos máis baixos para as empresas co intención de estimular a inversión é “un auténtico disparate”, asegurou.noticia 1

A deputada tamén se referiu a alta cifra de paro en Galiza, 300.000 persoas así como os 34.000 fogares onde non entra ningún ingreso.

Preguntámonos se para o Presidente da Xunta, a quen todos e todas pagamos os gastos da súa vivenda en Monte Pío, ter un teito onde durmir é algo esencial?

Reforma electoral do PP

Neste asunto dixo que o PP reduce os retos de Galiza a aritmética electoral, porque o seu reto é simular que saímos da crise co fin de acadar un bo resultado nas municipais. Mais non só manipulan e secuestran os medios públicos, tamén queren facer trampa cambiando as regras segundo a súa conveniencia. Invitámolos, mais unha vez a parar esa reforma.

Sen Soberanía non hai saída

A nosa dependencia política, afirmou, explica as razóns de termos unha situación económica, social e cultural tan desastrosa. A prohibición de construír barcos en ASTANO foi unha decisión política, ao igual que a recente suspensión do Taxleasse. Alguén pode negar que a política da UE é a causa da destrución de boa parte da nosa actividade agraria? preguntou.

Acreditamos na capacidade e potencialidade de Galiza e ninguén mellor ca nós para para decidir o noso futuro en troques de ser unha colonia da chanceleresa Angela Merkel. Cando falamos de dereito a decidir, estamos apostando por mellorar as condicións de vida do noso pobo impulsando os nosos sectores económicos.Noti 2

Defendemos, engadiu, un sistema de financiamento con capacidade plena, “é falso que vivamos da solidariedade do Estado”, de feito, matizou, o Estado recada mais do que inviste.

Segundo os nosos cálculos, Galiza, cun sistema de “cupo” disporía como mínimo de 2.000 millóns de euros mais para manter servizos públicos, sanidade, educación, dependencia ou emprego. En todo caso, emprazamos ao PP a crear unha comisión de estudo e reclamar un novo modelo de financiamento.

Incompetencia de Feijóo.

Lamentabelmente temos un “anémico autogoberno” que non se usou en beneficio de Galiza, padecemos un goberno que é a incompetencia no seu estado puro.

Naval e eólico son dous sectores onde vemos a neglixencia e incapacidade do goberno con decisións erráticas e inacción que nos conduce á ruína.

Tampouco actúan para que nos beneficiemos da electricidade que producimos ante o que preguntou porque Núñez Feijóo se nega a que os galegos paguemos a luz máis barata. Quizais aspira rematar no Consello de administración dalgunha eléctrica, como Aznar e González, ironizou.

O aforro galego emigra

A desaparición das nosas caixas, foi “un negocio ruinoso para Galiza”, gastaron 9.000 millóns de euros en nacionalizar novagaliciabanco, para privatizala por 1.000 millóns. Acabamos de aportar novos datos sobre o desfalco do patrimonio das caixas. Por certo, din que Xunta estaba informada e mesmo os autorizou e agora que vai facer?.

Supoñemos que Núñez Feijóo, de novo, só saberá que había neve, mais é ineludíbel abrir de novo a comisión de investigación das caixas e que esta emita un ditame ante un dos feitos que mais repercusións está a ter na nosa economía.Noti 3

Dende o BNG defendemos unha Banca pública galega para dar o primeiro paso cara un Instituto Galego de Crédito que a recuperación económica no noso país.

Na súa intervención, a parlamentaria do BNG tamén volveu reclamar a transferencia da A-P 9 cara unha autoestrada pública e libre de peaxes.

A loita contra a corrupción, a defensa da sanidade, educación e servizos públicos, unha política que prime ás persoas fronte aos negocios de empresas, rematar coas subvencións a centros educativos do Opus Dei, gastar menos cartos públicos en publicidade para destinalos a máis libros de texto, comedores e bibliotecas públicas foron reivindicacións reflectidas nas 40 propostas de resolución defendidas hoxe na Cámara galega polo BNG.

VOTACIÓN DAS PROPOSTAS (A apisonadora PP volve tumbar as propostas da oposición)

Das 40 propostas presentadas polo BNG, só foi aprobada unha, a referida a reactivar a Comisión de investigación das Caixas de Aforro coa emisión e aprobación dun ditame antes do remate do actual período de sesións.

Tras a votación, a viceportavoz do BNG, Ana Pontón lamentou a “falta de dialogo do Partido popular” e a utilización da súa maioría absoluta na Cámara para tumbar todas as propostas nacionalistas destinadas a defender os intereses de Galiza e a súa cidadanía. Unha vez máis, afirmou, constatamos a “deslealdade” de Feijóo e o seu Goberno con Galiza e a súa submisión ao que manda Madrid.O PP non quería acordos que beneficiaran aos galegos e galegas, “só quere silenciar á oposición”, apostilou.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG