Pontón denuncia que o PP utiliza no seu interese os “períodos inhábiles” do Parlamento galego

Imaxe de Ana Pontón en comisión parlamentaria

A deputada afirma que o PP mantén en “punto morto”, por período inhábil, as comisións de investigación da venda de Novagalicia Banco e corrupción para ocultar “a súa implicación e responsabilidade”

Xunta de portavoces

A viceportavoz do BNG, Ana Pontón compareceu ante os medios de comunicación, tras a xunta de portavoces na que se decidiu a convocatoria da comisión de estudo da futura lei de Solo durante o mes de xaneiro, convocatoria dixo, que pon de manifesto o absurdo da mesma ao non ser período hábil no Parlamento.

Neste sentido, Pontón puxo o acento no “punto morto” no que se atopan “importantes comisións” como a de investigación das Caixas e a da corrupción. Para a deputada, esta situación responde á intención do Partido popular de “ocultar” a súa responsabilidade no “fiasco e desastre” da privatización e venda de Novagalicia Banco.

O PP négase a debater no Parlamento os casos de corrupción

Asemade, insistiu, o PP tampouco está disposto a tratar en profundidade todas aquelas cuestións relacionadas coa corrupción.

Cámara galega

Neste sentido, e respondendo preguntas dos xornalistas sobre a imputación da deputada popular, María Dolores Faraldo por prevaricación e falsidade documental na súa etapa como alcaldesa de Betanzos, a nacionalista afirmou que “debe dimitir” como fixeron outros deputados e deputadas doutros grupos pero lamentablemente comprobamos como a “ética e o respecto polos mínimos principios morais” non son aplicados polo Partido popular, a case totalidade da corporación municipal do PP en Santiago está imputada así como os concelleiros imputados na Costa da Morte e a directora de urbanismo. O grave, manifestou, é que Núñez Feijóo da “acubillo” a este tipo de prácticas.

Reducir escanos no Parlamento é reducir a democracia

Sobre a redución de deputados/as, Pontón cualificou a Núñez Feijóo de galego “renegado e galego que traizoa os intereses de Galiza”, porque a súa única preocupación é “ser útil a estratexia centralista” do Partido popular.

Para a deputada a reforma do Parlamento galego é “unha involución” á que se debe facer fronte porque recorta o autogoberno e impide que todos os galegos e galegos teñan o mesmo peso e decisión, sexa cal sexa o seu lugar de residencia.

Os copagos non son económicos, son ideolóxicos 

Ante a renuncia da ministra Mato a aplicar o copago sanitario a ambulancias e próteses, Ana Pontón considerou que o anuncio responde á mobilización de organizacións sociais, políticas e sindicais contra os recortes.

Imaxe de Ana Pontón en comisión parlamentaria

En opinión da deputada, a aplicación do copago constata que non respondía a criterios de aforro e esta marcha a trás é un “triunfo” da presión social e a constatación de que Núñez Feijóo respondeu como “fiel escudeiro” das medidas do Goberno central.

Finalmente, Pontón considerou que toda a política de recortes debe ser revisada porque pon en perigo a saúde das persoas.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG