A política de persoal da Deputación de Ourense forxou a maioría do PP na Xunta

A deputada do BNG, Tereixa Paz asegurou, trala comparecencia do Presidente da Deputación de Ourense en sede parlamentar na presentación dos orzamentos 2013 que, “ a política laboral da institución ourensá forxou a maioría absoluta do Partido popular na Xunta”.

Paz lembrou que na actualidade, está a ser investigada a actuación de Xosé Manuel Baltar, pai do actual titular da Deputación de Ourense, por un presunto delito de contratacións laborais que estendeu ao actual presidente como herdeiro dun mesmo facer político, “133 persoas foron contratadas para axuda no fogar a cargo dun convenio coa Xunta por valor dun 1.200.000” , dixo, ao que hai que sumar “as contratacións de interventores e apoderados do Partido popular tralas eleccións”.

Dinastía Baltar, Baltar II e contratacións irregulares

Na súa intervención, a parlamentaria do BNG dirixiuse ao presidente da Deputación como “Baltar II” da herdanza recibida na que incluíu unha política de persoal xa denunciada dende hai tempo polo BNG e que, a o seu entender, quedou evidenciada ao negar unha comisión de investigación como reclamaba a oposición.

Tereixa Paz afirmou que Baltar (fillo) decidiu herdar ese proceder político dende que é presidente e segue mantendo a mesma política de persoal” polo que convidou a Fiscalía a examinar as candidaturas do Partido popular nesta e as actas dos distintos apoderados e interventores dos diferentes procesos electorais para determinar que “existe unha coincidencia coas contratacións”.

Ourense cos peores indicadores socio económicos

Paz incidiu nunha política de persoal que causa un “efecto terrible” en toda a provincia de Ourense na que a poboación ten que soportar a miseria económica traducida en todos os indicadores económicos, na miseria social co seu máximo expoñente na cifra de desemprego con máis de 30.400 persoas e cun índice de afiliad@s á Seguridade Social por debaixo dos 100.000.

Iniciada a Dinastía Baltar, a medidos dos 80, lemboru, había 170.000 persoas afiliadas á Seguridade Social, na actualidade son 98.758, “miseria social, laboral e tamén demográfica”, recalcou.

Neste sentido, tamén engadiu que os maiores de 65 anos representan o 30% en Ourense e o ano pasado, “marcharon 25.000 mozos e mozas a buscar traballo fora do País”.

O PP practica a política de submisión e dependencia

Tereixa Paz considerou que só con esta política de miseria é posible que o PP practique “, unha política de submisión e dependencia para manter o seu Status Quo”.

A nacionalista denunciou a falta de apoio aos sectores produtivos que na súa, opinión, son disfrazados con continuas “mentiras” como o acontecido co anuncio de Xero ou o Plan Impulsa Ourense, “gran parte das maiorías política dos alcaldes da provincia de Ourense forxáronse a través desta política” e concluíu lamentando que as contas da Deputación ourensá para o ano 2013 continúen na senda do incremento dun 43% para seguir tecendo a “tea de araña” para continuar coa miseria de Ourense.

Deputación de Pontevedra

Pola súa parte, Carme Adán denunciou o baleirado de competencias e de ingresos dos concellos a favor das Deputacións, que favorece que estas entidades poidan aplicar as políticas privatizadoras do PP en ámbitos como os servizos sociais.

Adán advertiu ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que o único aforro e austeridade que se pode dar na estructura da administración local é o da supresión das Deputacións, non de reforzar estas estructuras “obsoletas” e “recentralizadoras”.

Novo mundo

A parlamentar lamentou, na presentación dos orzamentos destas entidades, que Louzán falara como “profeta dun “novo mundo” cando a realidade dese “novo mundo” na provincia de Pontevedra é a de menos liberdade, menos democracia e máis empobrecemento, pois se trata da provincia que está a cabeza no índice de paro, con máis de 110.000 desempregados ao remate de 2012.

A deputada do BNG convidou ao presidente da Deputación a que se quere falar da reforma da administración local que vai acometer o PP comece falando da supresión destas entidades.

“Mais vostedes –engadiu- o que queren é consolidalas para reforzar así a politica recentralizadora do PP, para ir rebaixando competencias ás Comunidades Autónomas e manter así unhas entidades cada vez máis ao servizo do PP, non dos concellos nin dos cidadáns”.

Asfixia dos concellos

Neste sentido, Adán lembrou que de todos os recursos transferidos pola Xunta, a Deputación de Pontevedra só adicou unha parte mínima aos concellos, unha inversión que foi diminuindo ao longo dos anos, de tal xeito que pasou do 20 por cento en 2008 ao 1 por cento previsto para 2013 (10,4 en 2009; 9,1 en 2010; 2,6 en 2011 e 2,5 en 2012).

Para a deputada do BNG, a estratexia de Louzán non é a de colaborar cos concellos senón baleiralos de competencias, evitar que xestionen servizos, como os servizos sociais, como o servizo de teleasistencia a maiores, “porque o PP ve ahí nicho de mercado para poder privatizar e mercantilizar todo o que ten a ver con ditos servizos sociais”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BNG CONVIDA A LOUZÁN A QUE SE REALMENTE QUERE FALAR DA REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL E DUN “NOVO MUNDO” ASUMA A NECESIDADE DE SUPRIMIR AS DEPUTACIÓNS

 

Carme Adán denuncia o baleirado de competencias e de ingresos dos concellos a favor das Deputacións, que favorece que estas entidades poidan aplicar as políticas privatizadoras do PP en ámbitos como os servizos sociais

 

Santiago de Compostela, 21 Xaneiro 2012.- A deputada do G.P do BNG Carme Adán advertiu hoxe ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que o único aforro e austeridade que se pode dar na estructura da administración local é o da supresión das Deputacións, non de reforzar estas estructuras “obsoletas” e “recentralizadoras”.

 

Carme Adán lamentou, na presentación dos orzamentos destas entidades, que Louzán falara como “profeta dun “novo mundo” cando a realidade dese “novo mundo” na provincia de Pontevedra é a de menos liberdade, menos democracia e máis empobrecemento, pois se trata da provincia que está a cabeza no índice de paro, con máis de 110.000 desempregados ao remate de 2012.

 

A parlamentar do BNG convidou ao presidente da Deputación a que se quere falar da reforma da administración local que vai acometer o PP comece falando da supresión destas entidades.

 

“Mais vostedes –engadiu- o que queren é consolidalas para reforzar así a politica recentralizadora do PP, para ir rebaixando competencias ás Comunidades Autónomas e manter así unhas entidades cada vez máis ao servizo do PP, non dos concellos nin dos cidadáns”.

 

Neste sentido, Adán lembrou que de todos os recursos transferidos pola Xunta, a Deputación de Pontevedra só adicou unha parte mínima aos concellos, unha inversión que foi diminuindo ao longo dos anos, de tal xeito que pasou do 20 por cento en 2008 ao 1 por cento previsto para 2013 (10,4 en 2009; 9,1 en 2010; 2,6 en 2011 e 2,5 en 2012).

 

Para a deputada do BNG, a estratexia de Louzán non é a de colaborar cos concellos senón baleiralos de competencias, evitar que xestionen servizos, como os servizos sociais, como o servizo de teleasistencia a maiores, “porque o PP ve ahí nicho de mercado para poder privatizar e mercantilizar todo o que ten a ver con ditos servizos sociais”.

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG