O peche dos aeroportos galegos non é a solución

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, rexeitou hoxe o peche dos aeroportos galegos “porque esa non é a solución, senón o que hai que facer é coordinalos para que haxa unha xestión integral dos mesmos e non compitan entre si”.

Jorquera preguntoulle á ministra de Fomento, Ana Pastor, se consultou a súa decisión de pechar aeroportos coas agrupacións locais do PP da Coruña, Vigo e Santiago.

“As súas opinións serían clarificadoras para comprobar se a proposta de Ana Pastor ten unha base real”, subliñou.

 Estamos por un sistema aeroportuario galego que non dependa de Madrid e poda competir con Porto

O candidato nacionalista á presidencia da Xunta asegurou que “o problema dos aeroportos galegos non é de falta de infraestruturas, é a escaseza de voos e que moitas veces compiten entre si”, o que leva a que o gran beneficiado sexa o aeroporto de Sá Carneiro.

“E ante este problema -engadiu- a solución que defende o BNG dende xa hai anos é que se supere o modelo aeroportuario radial, no que todas as conexións teñen que pasar por Madrid, e que se diversifique e se especialice a oferta de voos dos tres aeroportos galegos, o que fai necesaria unha xestión integral dos mesmos”.

“Pechar os aeroportos galegos non é a solución, porque non vai á raíz do problema”, concluíu.

 

http://youtu.be/dLfioxqhU_w

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG