Paz critica o “triunfalismo do PP" na negociación da PAC cando Galiza perde 300 millóns de e

A deputada do BNG,  reprochou ao Partido popular que os agricultores só reciban o 3% das axudas cando Galiza representa o 9% das explotacións do Estado

Tereixa Paz na Comsiión de Agricultura

A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou hoxe unha pregunta parlamentaria sobre as negociacións da PAC e o impacto dos acordos para Galiza.

Na súa intervención, a parlamentaria criticou “o triunfalismo” do Partido popular nunhas negociacións nas que Galiza perde 300 millóns de euros para políticas de desenvolvemento rural no período 2014-2020.

A parlamentaria insistiu en que a Xunta “non defendeu” o sector agrario galego e froito dese “desleixo”, os agricultores/as de Galiza percibirán só o 3% das axudas a pesar de representar o 9% das explotacións do Estado.

Para Tereixa Paz, o Goberno galego tampouco defendeu o sector lácteo ao aceptar o criterio para repartir as axudas do fondo lácteo que prexudica gravemente ao sector galego por priorizar o número de cabezas de gando por explotación.

Comisión de Agricultura

Contrariamente a este criterio, o BNG defendeu ter en conta o número de postos de traballo xerados, a base territorial e o mantemento da actividade no medio rural.

Tereixa Paz lamentou o papel do Partido popular nas negociacións, “vostedes, dixo, non se mantiveron firmes para defender Galiza”, foron a parabenizar a Arias Cañete a pesar de que o ministro “só beneficia ás grandes áreas cerealistas e aos terratenentes do Estado”. Concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG