A proposición non de lei do BNG foi rexeitada polo Partido popular argumentando que era unha cuestión de procedemento ao que a nacionalista replicou que “a verdadeira razón para negarse a publicar os datos é protexer ás empresas que xestionan as residencias”.
A deputada criticou que, unha vez máis, o PP impida o acceso público á información. Vostedes, dixo, volven a “ocultar os datos das persoas contaxiadas e falecidas nas residencias”. Tardaron sete meses en publicar os datos en aberto da evolución da pandemia, despois de ser advertidos pola Valedora do Pobo de que estaban a vulnerar un dereito fundamental, “o acceso á información pública”, recalcou a nacionalista.
Rodil denuncio a “falta de transparencia da Xunta” ao negar a información requirida polos grupos parlamentarios e medios de comunicación como InfoLibre e Praza Publica, con “argumentos peregrinos” remitíndoos á web da Xunta na que apenas é posible consultar a cifra total de positivos, hoxe e grazas a vacina ningún en residencias.
A Xunta nega a información aos medios de comunicación
Aos xornalistas que reclaman esta información, a Xunta respóndelles que non é posible porque o SERGAS tería que refacer os seus datos, “unha escusa” para sortear a Lei de Transparencia baseándose “nunha mentira”, porque Sanidade ten as cifras por residencias. E sabemos que as ten porque nos reportes diarios aos medios de comunicación si informaban do número de positivos entre usuarias e traballadoras de cada unha delas. Se o facían diariamente por que non se permite acceder ao conxunto dos datos? preguntou a deputada do BNG.
“O desprezo que amosan ao Parlamento e ao conxunto da cidadanía deste non non ten límites”. Sé non hai nada que ocultar porque se nega a información? Se todo se fixo ben. Se en Galiza non houbo ningún problema; se o número de persoas falecidas, o “exceso de mortes” nas residencias foi baixo e menor que no resto do Estado porqué non publican os datos? volveu a repreguntar a nacionalista.
A sociedade galega ten dereito a saber a verdade
O PP soporta a foto do día, sobre todo no frenesí informativo dunha pandemia, pero non queren que vexamos a secuencia completa. Agora o que queren é “pasar páxina”, non abrir debates e moito menos que ao albur dos datos poidamos saber que centros, de que características concentraron maior número de contaxios e de falecementos.
As familias, as usuarias e usuarios destes centros, o conxunto da sociedade galega ten dereito a saber a verdade, e máis agora que grazas á vacina hai semanas que non se detecta un positivo e hai case un mes que non falece ningunha persoa residente.
Agora é o momento de analizar, de reflexionar e de debater, con toda a calma e todo o sosego, concluíu.