Galegas 2016

Olalla Rodil: “Muras é o modelo de xestión enerxética do BNG”

Olalla Rodil e Manuel Requeijo, alcalde de Muras
Olalla Rodil e Manuel Requeijo, alcalde de Muras
  • O alcalde de Muras explicoulle a Olalla Rodil como o concello lle vai pagar parte do recibo da luz ás veciñas e vecinos do concello
  • Rodil visitou, ademais do concello de Muras, una forxa de Ferreiro en Riotorto, un proxecto de apicultura no Valadouro e pechou a xornada en Barreiros cun acto público e un encontró co Observatorio da Mariña pola Igualdade.

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, adicou a xornada a percorrer diversos concellos da Mariña e mantivo una xuntanza co alcalde e co equipo de gobernó de Muras. “Muras é o modelo de xestió enerxética do BNG” dixo Rodil que explicou “somos un país produtor e exportador de enerxía e temos que facer que as galegas e galegos se beneficien desta circunstancia” e engadiu “non pode ser que padezamos os efectos negativos das centrais térmicas, dos encoros e dos parques eólicos e non teñamos ninguna compensación”.

O concello de Muras será o primeiro concello galego que asuma parte do pago do recibo da luz cos cartos procedentes dos impostos que pagan os máis de 300 parques eólicos que están situados no concello. Rodil dixo que “esto demostra que, se hai vontade política, pódense facer politicas para mellorar a calidade de vida das persoas e facer que os beneficios da produción enerxética revirta directamente no noso territorio”.

Rodil visitou, ademais do concello de Muras, una forxa de Ferreiro en Riotorto, un proxecto de apicultura no Valadouro e pechou a xornada en Barreiros cun acto público e un encontró co Observatorio da Mariña pola Igualdade. Rodil lembrou “a aposta que fixo o BNG, cando tivo responsabilidades de goberno, por sectores como o da artesanía ou o agrogandeiro”. Para a candidata do BNG “a partir deste domingo abrirase un tempo novo no que o BNG será decisivo”.

Olalla Rodil sinalou que “o BNG vai apostar por unha tarifa eléctrica galega que permita un abaratamento dun 30% do recibo para todas as persoas e tamén para as empresas que, como no caso de ALCOA, é fundamental para que poidan manter a súa actividade industrial”.

REMATE DAS CONCESIÓN HIDROELÉCTRICAS DO FRANQUISMO

“En breve rematarán as concesións que o franquismo fixo dos encoros adicados neste país á produción hidroeléctrica” advertiu Olalla Rodil  e asegurou que “se do BNG depende esas concesións pasarán a mans públicas para que sexan todas as galegas e galegos que se beneficien dos beneficios xenerados polos encoros que soportamos nos nosos ríos”. Rodil engadiu que “unicamente o BNG se está a pronunciar sobre este tema mentres o resto dos partidos gardan silencio por que deben obediencia ás grandes corporacións”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG