A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Dávila, realizou unha primeira avaliación da decisión do Goberno de non revalorizar as pensións dacordo ao IPC, sinalando que se trata "doutra promesa incumprida do Goberno".
Davila afirmou que os cidadans non poden confiar nun Goberno que lles minte e lles engana."Cómo se vai confiar nun Goberno que falta a sua palabra cos cidadáns unha e outra vez?". Nese sentido, lembrou tanto a promesa eleitoral de Rajoy de que "nunca tocarían as pensións" como as manifestacións do Secretario de Estado de Seguridade Social no Congreso sinalando que "se revalorizarían".
A deputada do BNG reprochou ao Goberno "que estivesen mareando a perdiz cando xa sabían que ían adoptar esta decisión que implica que os nosos pensionistas perdan poder adquisitivo nunha situación de grave crise e cando están a soster ás súas familias coa pensión en moitos casos. A deputada do BNG censurou ao Goberno por "empobrecer cada vez máis aos máis desfavorecidos e que se adique a enriquecer cada vez máis aos máis ricos".
Olaia Fernández Davila lembra que con esta medida, o Goberno de Rajoy incumpre a lei que dictamina que as pensións teñen que ser revalorizadas dacordo ao IPC.