O Día da Patria Galega xa está aquí e vén cargado de todo tipo de eventos organizados polo BNG, Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre. A continuación facémosche un resumo.
24 DE XULLO:
30 anos de Galiza Nova e homenaxe a Rosalía de Castro e Castelao
Santiago de Compostela, Parque de Bonaval, ás 17 horas.
Intervencións de Iria Carreira, Xosé Emilio Vicente, Iria Aboi, Alberte Mera, Alberte Fernández e Ana Pontón. Actuacións de NAO e Sondarúa.
Ás 19,30h ruada pola independencia organizada por Galiza Nova
Festigal
Campus Sur de Santiago de Compostela.
Concerto, 🎸 a partir das 22,30h.
Con Dj Bambooh, The Lelli Kelly’s, Ses e Rebeliom do Inframundo.
25 DE XULLO:
Manifestación do BNG do Día da Patria Galega ✊🏻
Alameda de Santiago de Compostela, ás 12h.
Festigal
Campus Sur de Santiago de Compostela).
- Café-Concerto, 🎹🎼a partir das 17h.
Con Os Viqueiras de Ordes e Cabezudos, Sonia Lebedynski e A Banda da Balbina - Galería das letras (presentacións literarias). A partir das 17h.
- Galería das ideas, a partir das 17h.
- Organización e asociacións
- Venda de libros
- Espazo de tendas
- Espazo de artesanía
E por suposto, tamén podes xantar.