Néstor Rego reúnese co comité de empresa de Barreras ao que lle trasladou o firme compromiso e apoio do BNG

Encontro Barreras
Encontro Barreras
Néstor Rego: “Nos próximos días presentaremos unha iniciativa parlamentaria ao respecto, manteremos as conversas pertinentes co Ministerio de Industria, manteremos a comunicación co comité de empresa. Dende logo estaremos sempre ao dispor dos traballadores e traballadoras para darlle unha saída definitiva a Barreras e que garanta a súa continuidade”

O representante do BNG no Congreso, Néstor Rego, achegouse ata Vigo para reunirse co comité de empresa de Barreras, onde lles trasladou a vontade política do Bloque Nacionalista Galego a contribuír na solución á crise de Barreras e a contribuír sobre todo, a que a nosa industria, especialmente a industria naval, poida ver garantida a continuidade da actividade, mais sobre todo, dos postos de traballo.

No recente acordo de investidura, o BNG incorporou medidas en relación co reforzo da capacidade produtiva da construción naval no noso país, tanto na ría de Ferrol como na ría de Vigo, co compromiso explícito do goberno para que houbese unha intervención pública para dar garantías de estabilidade e continuidade da actividade.

“O BNG seguirá contribuíndo para que isto siga, confírmannos que o Ministerio de Industria está traballando nisto, mais o Bloque Nacionalista Galego tamén vai seguir atento e vai seguir traballando para que se poida verificar que o estaleiro de Barreras saia da crise” afirmaba Néstor Rego na rolda de prensa.


RELACIONADO:

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG