O candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego e a candidata á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín mantiveron hoxe un encontro con representantes da Comunidade educativa á que trasladaron as propostas do programa electoral nacionalista nesta materia.
Rego afirmou que o BNG no Congreso pedirá a derrogación da LOMCE así como avanzar na eliminación dos concertos educativos, sobre todo, "naqueles centros que segregan por sexo". O candidato do BNG avogou por recuperar os postos de traballo eliminados no ensino e destinar o 7% do PIB para dotalo de máis medios e recursos humanos para acadar un ensino universal nunha rede pública, de 0 a 18 anos.
Reivindicou un ensino galego, "publico, galego, laico e en igualdade" e comprometeuse a levar ao Congreso todas as demandas neste ámbito.
Pola súa parte, a candidata á Alcaldía de Santiago Goretti Sanmartín explico que é necesario facer un reforzo de prazas en centros infantis de 0 a tres anos e apoiar iniciativas dirixidas á galeguización do ensino.
Sanmartín engadiu que preciso impulsar os centros de imnovicion e máis recursos para o ensino universitario