Montse Prado pide a implicación da Consellería do Mar nas negociacións do novo plan da sardiña con Portugal

Montse Prado
Montse Prado

Recrimina ao goberno galego deixar “ao albur” do goberno do Estado o futuro da flota galega e a acusa á consellería do Mar de “irresponsabilidade política” por non defender as demandas do sector galego no novo Plan de xestión da sardiña  

A parlamentaria do BNG, Montse Prado preguntou hoxe ao goberno que medidas vai a poñer en marcha para resolver a situación da frota galega  ante a escaseza de sardiña e demandou do goberno galego “implicación” nas negociacións con Portugal para defender os intereses da flota do cerco.

A deputada  explicou que o actual reparto é “inxusto” e discriminatorio  polo que preguntou se a consellería do Mar recollerá as reivindicacións do sector entre as que destacou, o descanso semanal, a sustentabilidade  e os  topes de capturas. Por outra parte, recalcou que no   Plan de Xestión da sardiña  que está elaborando o goberno do Estado,   conxuntamente con Portugal   ten  previsto incluír a zona 8B, dende o Golfo de Vizcaya ata Francia, zona  na que se “pesca  a canon libre” e na que existen restricións para os barcos galegos. Neste sentido, reclamou da consellería do Mar exixir “negociar dende Galiza con Portugal o novo Plan de xestión da sardiña”.

A nacionalista tamén preguntou se a consellería exixirá “a proporcionalidade” en función do número de barcos de cada frota ou se polo contrario continuarán  as capturas máis elevadas para   flotas que contan con menos barcos.

Para a deputada, a actual situación da frota do cerco corre o risco de  perder  “unha renda digna” que reciben un gran número de familias (1.000 postos  directos e un gran número  de maneira indirecta) polo que preguntou se a consellería prevé algún tipo de medida efectiva e de compensación   no caso de producirse “peches da flota galega”, ao igual que fixo Portugal para a súa flota cando se viu obrigada a amarrar.

Prado lamentou que a consellería do Mar reaccionara “tarde” en escoitar as demandas do sector e acusouna de practicar  a política do “záfate” deixando  que  as cousas fluíran e  sen tomar  decisións oportunas en defensa da flota galega. Vostedes, dixo, deixan “ao albur” do goberno do Estado o futuro da nosa flota cando debe ser a consellería do Mar, “por responsabilidade política” quen negocie o novo Plan de Xestión da sardiña atendendo  ás demandas do sector.

O  criterio de regulación da pesquería da sardiña, explicou Montse Prado,  foi modificado no ano 2014, de xeito que se estableceu un Plan de xestión para os buques dos censos do Caladoiro do Cantábrico e Noroeste, baixo o epígrafe:  “ As embarcacións que realicen pesquerías de cerco atenderán ao volume de capturas e desembarques, por día natural, aos límites máximos seguintes: Ningún”.

Esta defendida pola consellaría do Mar, reflicte, á xuízo da deputada, “un total descoñecemento e  actuación temeraria, xa que todos os indicadores apuntan a unha situación crítica ante a que é urxente  actuar”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG