Montse Prado: “A nova lei de Mutuas privatiza a Sanidade e prexudica á clase traballadora”

Montse Prado

A parlamentaria nacionalista pediu a retirada do anteproxecto e acusou ao PP de “facer negocio coa saúde dos traballadores e traballadoras e beneficiar á Banca”

Montse Prado na Comisión de Sanidade

A deputada do BNG, Montse Prado defendeu hoxe na comisión de sanidade, unha Proposición non de lei para instar ao Goberno galego a demandar do Goberno central a “retirada” do Anteproxecto de Lei de Mutuas da Seguridade Social porque representa un atentado contra os dereitos d@s pacientes, d@s traballadores e profesionais da Seguridade Social.

O PP anunciou o seu voto en contra á proposta do BNG xustificando que xa trasladou ao Goberno central o seu desacordo contra parte do contido da nova lei.

Para a deputada, o Partido popular pretende coa nova lei “facer negocio a conta da saúde d@s traballadores”. Aínda que a nova lei non concede ás Mutuas a capacidade para “dar altas médicas”, explicou, si establece un mecanismo para responder e resolver as propostas con só cinco días deixando aos traballador@s “sen prestación” por non mediar unha resolución entre médicos e Inspección do SERGAS.

A parlamentaria asegurou que o anteproxecto tamén inclúe novas competencias das Mutuas que, ao seu xuízo, van encamiñadas a seguir coa privatización da asistencia sanitaria. Regularán as comunicacións entre médicos de familia, inspección do SERGAS, INSS e Mutuas situándose ao mesmo plano, “as Mutuas, dixo, non teñen que instar nin aos médicos nin a Seguridade Social”.1

Tras a intervención do portavoz de sanidade do Partido popular, Miguel Santalices que defendeu ampliar a 10 días a resolución das altas e coincidir con parte do denunciado polo BNG, a nacionalista rexeitou tal afirmación, “non deturpe as miñas palabras”, dixo, nós non estamos a favor de que sexan as Mutuas as responsábeis das atas médicas. Vostedes, engadiu o que propoñen e que teñan máis prazo para facelo e eu négolle a maior “as Mutuas non teñen que dirixise a ninguén nin contar con máis prazos”.

Santalices lembrou que o Partido popular galego comunicou o Goberno central o seu desacordo con gran parte do contido da lei ao que a nacionalista preguntou como foi esa comunicación, por carta, por Fax ou Tán-tan?. Pra a deputada, esas comunicación deben realizarse a través “dun acordo unánime do Parlamento galego” , porque o resto non deixa de ser “unha declaración de intencións”.

O Goberno galego amosa covardía ante ao Goberno central

A parlamentaria acusou ao PP de “covardía e demagoxia” e reiterou que o Partido popular en Galiza non quere trasladarlle nada ao Goberno central “por se lle da unha patada como fixo con Gallardón”.

Ante o anuncio do voto en contra dos populares á iniciativa do BNG, a deputada afirmou que representa un “si á desprotección da clase traballadora e un negocio á conta da saúde dos traballadores e traballadoras”. Unha vez máis, coa súa decisión, recalcou, “gaña a banca que se beneficiará do artigo que obriga ás Mutuas a vender a súa parte pública, no inicio do 2015”.

Coa nova lei de Mutuas perde a clase traballadora e os facultativos, rematou.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG