Miranda defende o pleno recoñecemento do pobo Mapuche na asemblea Eurolatinoamericana

A eurodeputada Ana Miranda participa na delegación do Parlamento Europeo desprazada a Santiago de Chile co motivo da sexta sesión plenaria da Asemblea parlamentaria Euro-Latinoámerica, que reúne a representantes dos parlamentos de América Latina e da Eurocámara, nun encontro que se enmarca dentro da cimeira Unión Europea-Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (UE-CELAC).

Durante a celebración desta asamblea interparlamentar eurolatinoamericana, a eurodeputada do BNG participou no acto de homenaxe a Salvador Allende que realizaron os grupos parlamentares de esquerda, na sesión plenaria de debate de propostas en materia económica, social, medioambiental, educación e cultura e de dereitos humanos.

A eurodeputada do BNG participou no acto de homenaxe a Salvador Allende que realizaron os grupos parlamentares de esquerda.

Miranda transmitiu a especial preocupación pola situación do Pobo Mapuche en situación crónica de discriminación e illamento, unha preocupación que se plasmou na declaración de parlamentarias e parlamentarios lamentando o tratamento que o Goberno de Chile da ao Pobo Mapuche dende o punto de vista político, socieconómico, xurídico, xudicial e cultural, transmitindo a preocupación polas lexítimas demandas de recuperación de territorios e de autodeterminación do Pobo Mapuche.

Fíxose un chamamento ao Goberno de Chile a respeitar os dereitos e garantías recoñecidos nas convenios internacionais asinados por este Goberno, anfitrión da cumbre, lembrando aos dous líderes mapuches que levan 73 días de folga de fame nas prisións de Angol e Concepcion, onde a eurodeputada do BNG ten previsto visitalos.

A formación nacionalista defende o "pleno recoñecemento" do Pobo Mapuche, que debe ter os mesmos dereitos e acceso aos mesmos servizos e as mesmas oportunidades que o resto dos cidadáns, evitando a criminalización que pretende desmovilizar, castigar e despolitizar aos movimentos sociais.

Neste sentido, Miranda participa na manifestación "Yo marcho con los Pueblos", convocada por máis de 400 organizacións sociais e cidadáns que se mobilizan pola "xustiza social, a solidariedade internacional e a soberanía dos pobos".

A eurodeputada nacionalista tamén mantivo reunións con representantes da Comisión Ética contra a Tortura e co foro latinoamericano da muller, no que se abordou a situación da muller en latinoamérica, poñendo especial énfase na denuncia do feminicidio.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG