Galegas 2020

Mini Rivas: "O BNG ten a vontade política para intervir publicamente Alcoa"

Acto Vedra
Acto Vedra
O candidato do BNG compromete en Vedra medidas para dinamizar o medio rural e defender os servizos públicos

O candidato do BNG pola Coruña, Xosé Luís Rivas afirmou en Vedra que o BNG no goberno galego porá en marcha “unha tarifa eléctrica galega que beneficie ás familias e  competitividade das empresas” e destacou  a vontade política dun goberno liderado polo BNG  para “intervir publicamente Alcoa e fiscalizar as subvencións e vendas fraudulentas de empresas rendibles.”

A Covid-19 puxo de manifesto a importancia do medio rural 

En referencia a pandemia provocada polo coronavirus, o candidato nacionalista asegurou que  a sociedade urbana, “a que xa non ten aldea”, percibiu que “o rural é máis necesario ca nunca”, un medio rural que debe medrar para  poder abastecernos dos bens básicos necesarios. O medio rural, reiterou Mini,  “Ten que ser dinámico para asentar poboación. Ten que ser poboado para ser xestionado e ten  que ser rendible para proporcionar vida a quen o xestione”.            

Ao seu xuízo, “darlle esa necesaria volta ao rural dignifica poñer a  producir  170.000 Has agrarias abandonadas. Fomentar a biodiversidade nos montes e a súa multifuncionalidade. Conseguir implantar pequenas industrias de transformación que nos deixen o valor engadido e frear o “monocultivo do eucalipto” por outras  alternativas máis rendibles”.

O Partido popular desmantelou a industria galega

Para o candidato do BNG, a  ausencia dunha estratexia industrial do Partido popular galego durante os últimos once anos   levou a un gran numero de empresas rendibles a dar por finalizada a súa actividade e deixar na rúa a miles de traballadores e traballadoras. Esta situación, dixo, non está provocada exclusivamente pola  Covid-19, Noa Madera,  Isowat, a inactividade de Navantia, ENDESA, Naturgy ou Alcoa non “son casos illados”, son consecuencia das decisións dun  PP  que levou á “irrelevancia política ao noso país” porque está ao “servizo do neoliberalismo empobrecedor”.

 O miolo do problema recalcou o candidato nacionalista, está no  “maltrado, a desconsideración, o non pintar nada no espectro político e o PP debe explicar porque non tivo a “valentía” de intervir publicamente ALCOA cando ten competencias  en Industria que permitirían esta operación”. Hoxe sabemos que Portugal vai nacionalizar a TAP e Alemaña  a Lufthansa  e a ninguén se lle ocorre criticalos porque iso é o que hai que facer, presentar “alternativas para non abandonar ás empresas nin aos seus traballadores”.

As empresas que agora están ameazadas en Galiza  “sacaron grandes beneficios” e mesmo obtiveron axudas públicas, pois ben, “tamén haberá que reclamar esas axudas se continúan co desmantelamento industrial e os plan incumpridos”. Teñen a obriga de presentar un Plan de mantemento e recuperación industrial da zona, cousa que non están a facer ningunha delas.

Parques eólicos que revertan riqueza en Galiza

O nacionalista tamén criticou a “conivencia” do Partido popular para instalación de parques eólicos  proxectados en distintas comarcas galegas, a pesar de que en Galiza pagamos a enerxía más cara do estado. Se o BNG lidera o goberno galego, aseverou Mini, “teremos unha tarifa eléctrica galega que abarate o recibo da luz das familias e permita que as empresas sexan competitivas”. Se somos goberno, recalcou “os eólicos estarán ao servizo do noso país” e non de Greenalia nin de Naturgy. Serán respectuosos co medio ambiente e serán obrigados a destinar unha parte dos beneficios  para  desenvolver  economicamente a  zona.“O vento, a auga e a enerxía é nosa e debe traducirse en riqueza para Galiza”.

 Na súa intervención, no acto electoral de Vedra,    tamén se referiu á necesidade de pechar os ciclos produtivos, impulsar o comercio de proximidade e consumir produtos locais. A Covid 19 deixou clara a importancia do noso medio rural e o sector pesqueiro, grazas a eles, dixo,  “en Galiza non tivemos falta de produtos”. O noso programa de goberno leva medidas para para transformar o medio rural nun medio “vivo, dinámico, rendible e con servizos para fixar poboación”, porque necesitamos  tirar proveito económico do medio rural con actividades laborais diversas e facilitar base territorial ao sector agrogandeiro. Se o BNG lidera o goberno galego “dotaremos o medio rural dos servizos que precisa para fixar poboación e favorecer a conciliación”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG