Medio Ambiente elude responder ao BNG sobre os vertidos industriais do parque industrial de Melide

Xosé Luís Rivas
Xosé Luís Rivas

Xosé Luís Rivas denunciou que despois de catorce anos, o Partido popular non construíu a depuradora para un polígono de 20 hectáreas  que acolle un gran número de empresas e con perspectiva de seguir crecendo

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre a falta  dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) no polígono industrial de Melide e a necesidade da súa construción para depurar os residuos industriais. Rivas criticou que a pregunta fora respondida pola directora Xeral de Aguas de Galicia, Teresa Gutíerrez cando en realidade, a cuestión formulada polo BNG, referíase á construción da  EDAR no Parque Industrial de Melide, responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente.

Por outra parte, o nacionalista considerou “unha falta de respecto” á súa persoa,  a comisión, ao Parlamento e ao propio país que a directora Xeral de Aguas de Galicia utilizara o español na súa intervención.

No debate da pregunta parlamentaria, Rivas lembrou que despois de catorce anos, o parque industrial de Melide “segue sen depuradora” e pola súa parte, a Consellería de Medio Ambiente “continúa mirando para outro lado”.  O Partido popular, afirmou é “responsable” da falta de depuración nos residuos industriais dun parque de 20 hectáreas, cun gran números de empresa e con expectativas de seguir crecendo.

Ademais de necesaria, a EDAR e “obrigatoria” é só no ano 2008 co goberno do BNG foi abordada a ampliación do polígono industrial e o compromiso de construír a EDAR  pero coa chegada do Partido popular ao goberno quedou todo paralizado. O deputado replicou á directora Xeral de Augas de Galicia que a cuestión non se reduce a separación de augas fecais e pluviais, estamos falando, recalcou, de “vertidos industriais” propios dun parque empresarial e alertou da intención de Medio Ambiente de trasladar a depuración dos vertidos  do polígono á EDAR do concello de Melide, medida que o parlamentario cualificou de “inaudita”.

Hai que dotar dunha EDAR o polígono no que xa non queda ningunha parcela por vender, o que ao seu xuízo, indica que a comarca experimenta un importante crecemento industrial. “O parque necesita a depuradora e o resto son parches e botar balóns fora”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG