Tereixa Paz defendeu unha emenda para impulsar unha Interprofesional Láctea Galega e fortalecer a posición dos e das produtoras fronte futuras negociacións
O grupo parlamentario do BNG, a través da súa portavoz de Agricultura, Tereixa Paz votou en contra da Proposición non de lei do Partido popular sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego a prol da viabilidade do sector lácteo.
O voto negativo do BNG respondeu á falta de concreción de medidas destinadas á resolver a crise no sector lácteo que a deputada nacionalista vinculou as decisións tomadas polo propio Partido popular ao fronte da Xunta de Galiza.
Paz respondeu á portavoz popular, Isabel García Pacín, autora da proposta, que o BNG emendaba o texto coa intención de chegar a un acordo e instou ao Goberno galego a exercer as competencias do artigo 27 de Autonomía que lle outorga competencias exclusivas nesta materia, deixen vostedes de escribirlle cartas aos Reis Magos, dixo e apliquen medidas afectivas para resolver os problemas do sector.
O PP non implementará medidas para resolver a crise do Sector lácteo
A parlamentaria do BNG tamén criticou a falta de asunción de responsabilidades e compromisos da Xunta de Galiza agás, demandar solucións do Goberno do Estado e de U.E e preguntou se o Partido popular esta disposto a facer algo polo sector lácteo galego porque, ao seu xuízo, a Proposición non de lei defendida hoxe na Cámara galega resulta un brinde ao sol.
A deputada insistiu na necesidade de impulsar o marco galego de relacións entre os diversos operadores do sector lácteo para definir e liderar a súa defensa ante o Estado antes de que finalice o mes de xaneiro e crear unha Interprofesional Láctea Galega coa representación do conxunto do sector e a propia Xunta.
Entre as medias propostas do BNG, rexeitadas polo PP, tamén figuraban: establecer o funcionamento permanente da Mesa do Leite, impulsar unha única organización de produtores lácteos en Galiza para fortalecer a súa posición e implementar un plan urxente de viabilidade para o sector coa creación dun fondo de rescate para cooperativas e explotacións con graves problemas económicos.