Cabezas de lista do BNG en concellos lucenses denunciaron a perda de fondos dos concellos galegos nas partidas que se reciben do estado español. Maite Ferreiro incidiu en que “non se teñan tampouco en conta as circunstacias de comarcas como a de Lugo que se atopan en continúa regresión demográfica”. “A respecto da media estatal, o conxunto dos concellos lucenses perde de recibir case 25 millóns de euros” sinalou Maite Ferreiro e puxo como exemplo o caso do concello de Lugo no que “se aplicaramos a media do que reciben o resto de concellos do estado teriamos que ingresar das aportacións estatais 4,5 millóns de euros máis do que se están a recibir”. Neste acto simbólico estiveron presentes a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e Maite Ferreiro, candidata ao congreso por Lugo,
“A respecto da media estatal, o conxunto dos concellos lucenses perde de recibir case 25 millóns de euros” sinalou Maite Ferreiro. Os municipios españois reciben unha medida de 261 euros por habitante e ano, mentres que os concellos lucenses reciben unha media de 189 euros por habitante e ano. “É dicir cada lucense está “sancionado” con 72 euros anuais de investimento público do estado no seu concello polo feito de vivir aquí” sentenciou a candidata do BNG ao congreso. Ferreiro dixo que “é preciso que Lugo e Galiza recuperen a voz nas cortes do estado para que agravios como este deixen de producirse”.
Maite Ferreiro sinalou que “sufrimos unha doble discriminación por que ademais das inferiores cuantias que perciben os concellos galegos, os servizos que teñen que prestar resultan máis custosos debido á dispersión da poboación e á media de idade das veciñas e veciños”. “O reparto de fondos do estado cos concellos é discriminatorio con Galiza que perde 135 millóns anuais” dixo Maite Ferreiro.
Críticas ao PP
Ademais, Maite Ferreiro cualificou de “indecentes” as declaracións da candidata do PP, Cayetana Alvarez de Toledo, no debate de TVE cando aludiu “a cousa esta do feminismo…” banalizando a loita de milleiros de mulleres contra a violencia machista e a favor da igualdade real. “Fixo unhas declaracións que son unha vergoña para as mulleres, inconcibibles en pleno século XX, só lle faltou dicir que a culpa de que violen ás mulleres é porque levamos a saía moi curta”. Afirmou Ferreiro.