A candidata do BNG ao congreso pola circunscrición de Lugo visitou Sarria e, dende alí, afirmou “dende o Congreso defenderemos un ferrocarril útil para unir as vilas e cidades galegas”. “Fai poucos días faciamos unha proposta concreta para facer un novo enlace entre Curtis e Ordes e así minorar os tempos de viaxe entre Lugo e Compostela por ferrocarril, esto tamén afectaría positivamente a vilas como Sarria que quedarían conectadas con Lugo e a capital do país cun tren á altura deste século”. Maite Ferreiro urxiu, como primeiro paso para a modernización, á instalación da catenaria e electrificación do treito entre Lugo e Monforte.
Pola súa banda o Tenente de Alcalde e candidato á alcaldía de Sarria, Efrén Castro, referiuse á discriminación que sufren os concellos galegos no reparto dos fondos estatais e lembrou que “Sarria recibe do estado 973.601 € menos dos que lle corresponderían segundo a media estatal”. Segundo os datos do INE do ano 2016, cada habitante de Sarria tería unha asignación inferior á media estatal de 73 euros anuais das partidas que o estado destina a este concello. Efrén Castro sinalou “é unha doble discriminación por que ademais de que as cantidades son inferiores hai que lembrar que os nosos concellos teñen un envellecemento e unha dispersión da poboación que encarecen cuantiosamente os servizos que os concellos temos que prestar”
O voto ao BNG para frear á dereita extrema
Maite Ferreiro sinalou tamén en Sarria o doble valor do voto ao BNG “por que ademais de darlle voz a Galiza no estado, vai servir para para á dereita extrema, xa que o escano da Coruña está en xogo entre o BNG o partidos da ultradereita”. A candidata do BNG mantivo, en Sarria, un encontro con militantes e simpatizantes do BNG completou a xornada cunha visita á feira de Sarria, un acto na estación do ferrocarril desta localidade e un acto público na Fonsagrada.