A maioría “esmagadora” do PP tumba todas as emendas do BNG

Sesión no Parlamento galego

Ningunha das 500 emendas do BNG prosperaron no debate parlamentario dos orzamentos do PP para o 2014

Sesión no Parlamento galego

Pleno. Os votos da “esmagadora maioría parlamentaria” do Partido popular impediron que prosperan as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano.

Tras un intenso debate en comisión e posteriormente en sesión plenaria, rematou o trámite do debate de Orzamentos do Goberno galego para o ano 2014 sen que as emendas da oposición foran tidas en conta polo grupo parlamentario do Partido popular.

Nos debates de partidas económicas das diferentes consellerías, o BNG avogou por emendar unhas contas que “non crearán emprego e debilitarán aínda máis as economías familiares”.

Os orzamentos do PP representan “unha escolla ideolóxica” coa escusa de que non hai cartos

Para o portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, por segunda vez nesta lexislatura, o Partido popular négase a modificar os orzamentos galegos e lamentou que o PP continúe no camiño de “privatizar os servizos públicos” e permanecer como “mero espectador” ante a venda de Novagalicia Banco e desmantelamento do sector naval.

O Partido popular, afirmou “confunde a maioría absoluta coa democracia” e reduce o Parlamento galego a “apéndice do Goberno”. Non aceptaron ningunha emenda do BNG, agás algunha de tipo técnico ou carácter menor porque vostedes, explicou, pretenden continuar cos recortes en Sanidade, Educación e servizos públicos ademais de subir os impostos indiretos para que os menos teñen paguen máis.

Francisco Jorquera, portavoz do G.p do BNG

Vostedes, dixo Jorquera, repetiron como “un mantra” neste debate que non había modelo alternativo e teño que darlles a razón, “vostedes non son alternativa a situación económica e social de Galiza”.

Pola súa parte, a viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón sinalou que o PP non está disposto a rematar cos presuntos casos de corrupción, o “maior maltrato a que someten á cidade de Compostela é ter un goberno cheo de imputados”, afirmou.

Ademais, para a deputada resulta contraditorio que o PP defenda a creación de emprego a través duns orzamentos que non recollen como prioridade esta necesidade e lembrou que as propias previsións do Goberno reflicten un aumento do paro.

Galiza en situación de emerxencia nacional

Hoxe, dixo, temos a “Galiza nunha situación de emerxencia” e a milleiros de persoas en situación desesperada. O BNG presentou emendas aos orzamentos de todas as consellerías para acadar a reactivación dos sectores económicos, verdadeiros “motores para crear emprego estábel e de calidade” máis chegamos a este debate final despois de presentar propostas alternativas e atopamos “a un Goberno soberbio” que non está disposto a cambiar un só euro no seu deseño para mellorar as condicións de vida d@s galeg@s.

Un goberno, dixo, que destruíu emprego e que mesmo considera un dato positivo que a poboación activa sega diminuíndo, “ para o BNG, isto é un despropósito”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG