Francisco Jorquera afirma que Feijoo elude os debates electorais porque o BNG pode sacarlle as cores.
O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera afirmou hoxe en Ourense, que votar Feijoo é dicir sí ás políticas de Rajoy, dicir sí a máis recortes e tamén ao incremento da crise económica.
No transcurso dun almorzó informativo, Francisco Jorquera asegurou que Núñez Feijoo elude os debates electorais por temor a que o BNG lle saque as cores por unha xestión na Xunta de Galiza caracterizada polo incremento do paro, os recortes en sanidade e educación e o deterioro dos servizos públicos.
O candidato nacionalista considerou que o adianto electoral responde ao dictado de Rajoy co fin de que as elecións galegas non coincidan co segundo rescate español e Feijoo obedece.
Núñez Feijoo elude os debates electorais por temor a que o BNG lle saque as cores
Neste sentido, engadiu que sen embargo Feijoo elude a presenza de Rajoy na contienda eleitoral pero ademais, oculta as siglas do Partido popular e personaliza a campaña na súa figura.
Encontro Merkel- Rajoy
Sobre a entrevista dos dous mandatarios, Jorquera amosou a súa preocupación polas consecuencias para Galiza e destacou as que teñen a ver con novos recortes públic, asemade lembrou que o Goberno español xa tivo que recorrer aos fondos das mutuas para pagar as pensións.
Jorquera puxo de manifestó que as medidas do Goberno de Rajoy poñen en perigo a sostenibilidade do sistema público de pensións e reiterou que en Galiza as pensión dos vellos son as máis baixas do Estado.
A visita de Merkel, dixo, significará o recorte das pensións e medidas máis gravosas para a cidadanía máis desfavorecida.
Eleccións 21 de Outrubro
Jorquera criticou a xestión dun Galego no que Feijoo practicou unha política de terra queimada deixando a Galiza nunha profunda crise económica, o paro en Galiza supera a media do Estado, a débeda pública pasou de 3.200 millóns de euros a preto de 8.000 e as autopistas galegas serán absorbidas por capital americano explicou e preguntou que vai pasar agora coa campaña da vendima sen contratos homologados ou donde quedou o Plan Impulsa de Ourense.
Feijoo practicou a política de terra queimada deixando a Galiza nunha profunda crise económica
O candidato nacionalista manifestou que o 21 de outubro o BNG é a garantía para que en Galiza se produza un cambio real e non unha simple alternancia de Goberno.
Debates electorais
Sobre esta cuestión respondeu que o BNG non fuxe dos debates en campaña electoral e abogou pola súa celebración a dúas bandas, ou a tres.
Finalmente, preguntado por un posible pacto de goberno entre o PSdeG-PSOE e o BNG, afirmou que non estamos en política para gobernar a calquera prezo.