O portavoz parlamentario, Francisco Jorquera lamentou que unha vez máis, o Partido popular rexeitara na Xunta de Portavoces a comparecencia de Núñez Feijóo e do conselleiro de Industria
O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou que no vindeiro pleno culminará o trámite da Proposición non de lei da autoría do BNG para a transferencia da titularidade pública e competencias da AP-9 á Xunta de Galiza, agardamos dixo, que o Partido popular vote o mesmo e Madrid que no Parlamento galego.
Feijóo respalda a Baltar, a pesar de estar imputado en tres presuntos delitos
Tras a xunta de portavoces, Jorquera afirmou que o Partido popular rexeitou de novo a solicitude de AGE e BNG para que comparecera o Presidente da Xunta ao fin de explicar as medidas sobre a investigación xudicial aberta contra José Manuel Baltar. O parlamentario lembrou que dende o último debate sobre este asunto, producíronse tres novidades importantes, a imputación do Presidente da Deputación de Ourense polo presunto delito de suborno e tráfico de influencias súmase agora a dun presunto de delito por acoso sexual, asemade, Baltar poderá viaxar a Eurodisney despois de que o xuíz accedera a pospoñer ao día 15 a citación, e pese a tripla imputación, e por último, Baltar acaba de ser reelecto presidente do PP de Ourense co respaldo de Feijóo.
Por outra banda, o Partido popular tamén rexeitou a solicitude do BNG e Grupo Mixto sobre a comparecencia do conselleiro de Industria para explicar a resolución xudicial que cualifica de ilegal a anulación do concurso eólico do Goberno bipartito.
O PP non quere un debate sobre a falta de garantías nos abortos da Área sanitaria da Coruña
O portavoz parlamentaria tamén se referiu á negativa do Partido popular a que comparecerá a Secretaria de Igualdade para dar conta da vulneración dos dereitos das mulleres que se someten a unha interrupción voluntaria do embarazo na Área sanitaria da Coruña. Neste sentido, avanzou, que o BNG preguntará ao Goberno sobre o que ocorre en varios hospitais públicos nos que as mulleres permanecen soas no cuarto, sen persoal sanitario e que deben acudir soas o baño a expulsar o feto, mesmo coñecemos recentemente, manifestou o portavoz nacionalista, que para interromper a gravidez empregase unha técnica que provoca a expulsión do feto sen subminístralles as mulleres ningún tipo de anestesia.
Asemade, dixo, denunciamos a alternativa do SERGAS que anima ás mulleres nesta situación a contar con asistencia médica completa nunha clínica privada en Madrid.
Temas a debater á iniciativa do BNG
Na orde da vindeira sesión plenaria e á iniciativa do BNG será debatido a elaboración dun plan galego de emprego feminino e de corresponsabilidade que recolle un ambicioso paquete de medidas para impulsar a conciliación en igualdade. Unha proposición non de lei sobre o cambio de recursos asignados para a agricultura intensiva nos orzamentos do 2016, e tamén acompañar a retirada do anteproxecto de Acuicultura de medidas que demostres a vontade do Goberno a escoitar o clamor do sector do mar. Dende o BNG propoñemos, recalcou, Jorquera reasignar axudas para o sector do marisqueo, a miticultura e a pesca artesanal.
Finalmente, o BNG preguntará pola derivación de doentes da Sanidade pública á centros privados e polos recortes nos centros de menores.