Jorquera: “ A política de prevención do PP é confiar en que chova"

O portavoz do BNG no Parlamento galego afirmou que no último mes as hectáreas queimadas en Galiza equivalen á metade da superficie que ardeu en todo o ano 2014

Comparecencia de Francisco Jorquera

 O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera compareceu hoxe, ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de portavoces cara a vindeira sesión plenaria.

Jorquera principiou a súa intervención anunciando a pregunta do BNG ao Goberno sobre prevención e loita contra os incendios forestais, dos que dixo, o PP aplica a “política de prevención de confiar en que chova” e explicou que só no último mes as hectáreas queimada en Galiza equivalen á metade da superficie que ardeu en todo o ano 2014.

O parlamentario salientou que a situación provocou a activación do máximo nivel de alerta, a mobilización de todo o persoal dispoñíbel e incluso, nalgún caso, mobilizar a unidade militar de emerxencias.

Por outra parte, o BNG tamén preguntará ao goberno polo impulso o autoconsumo eléctrico en Galiza e a posibilidade de que os consumidores/as “xeren a súa propia electricidade” o que sen dúbida, dixo, implicaría aforro enerxético, redución de emisións e abaratamento de prezos.DSC_1087

Asemade, na vindeira sesión plenaria, á iniciativa do BNG serán tratados, entre outras cuestións: O Borrador do Paquete lácteo, o impacto da eliminación do sistema de cotas, o anuncio de dous EREs na empresa “Vestas Nocellas” Spain. S.A de Viveiro, unha Proposición no de lei para elaborar un Plan galego de Emprego Feminino e a pregunta ao Presidente Núñez Feijóo sobre a situación da economía galega “á cola” no Estado español no ano 2014.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG