O parlamentario lembrou a multitudinaria manifestación en Santiago reclamando un cambio na política lingüística do PP
O portavoz do grupo parlamentario do BNG afirmou hoxe, ante os medios de comunicación, que Feijóo aposta polo continuísmo cos nomeamentos dos novos conselleiros de Facenda e Educación, Valeriano Martínez e Román Rodríguez.
Ademais, cominou ao conselleiro de Educación e Cultura a escoitar o clamor social da multitudinaria manifestación do pasado domingo en Compostela convocada pola Plataforma Queremos Galego. Na manifestación, dixo, había unha reclamación, poñer fin as políticas lingüicidas do Partido popular.
Tendo en conta que Román Rodríguez, agora conselleiro de Educación e Cultura, presume de ser unha persoas dialogante e con talante aberto, dixo Jorquera, o seu primeiro test vai ser escoitar ou non o clamor social da manifestación e comprobaremos, se o Goberno galego está disposto a dialogar e a un cambio radical das súas políticas lingüísticas ou pola contra, seguirá no camiño da liquidación do noso idioma.