Hai que frear o novo masacre do Estado de Israel sobre o pobo palestino

imagesPerante a nova agresión ao pobo palestino por parte Israel que supón a vaga de bombardeos en curso contra Gaza, o Bloque Nacionalista Galego expresa a total solidariedade co pobo de Palestina que está a sufrir unha auténtica tortura por parte dun estado que se dedica a matar civís inocentes e a destruír as vivendas da poboación até deixalos sen nada.

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a conivencia con Israel da Comunidade Internacional e da UE, que non poden seguir impasíbeis ante unha agresión militar que ten o perfil dun auténtico xenocidio. E particularmente dos Estados Unidos por amparar, durante máis de 65 un estado que incumpre sistematicamente todas as resolucións da ONU e é o principal inimigo da paz na rexión.

Neste sentido, o BNG levará con urxencia unha iniciativa ao Congreso dos Deputados para que o Goberno español actúe nos foros internacionais para deter o que se anuncia como un novo masacre. Desde logo, é preciso parar as ansias de Netanyahu de proceder a unha invasión terrestre con tanques que provocaría moitas mortes”. O BNG quer que o Ministro de Exteriores acuda á Cámara canto antes a informar de cal é a posición do Goberno español, se é cómplice dos ataques de Israel ou se os condena e está decidido a desempeñar un papel activo para evitar máis mortes de inocentes na faixa de Gaza.

O BNG apela, ao tempo, a toda a sociedade galega e ás organizacións políticas, sindicais e sociais do noso País a manifestaren a condena á actuación xenocida de Israel, o apoio ao pobo palestino e á causa paz e tamén á procura dunha solución xusta e duradeira para o conflito e para o futuro do Estado palestino.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG