Guillerme Vázquez mantén que o BNG defende pagar a extra de Nadal "diga o que diga o Sr.Rajoy"

 

O Portavoz Nacional do BNG manifesta en Ourense que “a política do dúo Feijoo-Rajoy agrava a crise económica e social” ao que hai que responder con “desobediencia civil”.

O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez afirmou hoxe en Ourense, que O BNG defende aboar aos funcionarios e funcionarias a paga extra de Nadal, “diga o que diga o Sr. Rajoy”.

O portavoz nacionalista celebrou que cada vez máis concellos se sumen á inciativa do BNG e abogou por camiñar na senda da “desobediencia civil” sobre aquelas medidas lesivas para a cidadadanía como a que representa a eliminación da paga extra.

O BNG anima á desobediencia civil contra as medidas lesivas de Rajoy e Feijoo

Guillerme Vázquez reiterou que a política do dúo Rajoy-Feijoo nos leva “ao máis absoluto desastre” e lembrou que o propio De Guindos afirmou onte que de manterse a actual situación económica non se poderían garantir as prestacións socias porque se agotan. Efectivamete, dixo o portavoz nacionalista, “con esta política do Partido popular non se poderán manter as prestacións sociais e a xente debe saber que despois das eleccións galegas habera un novo recortazo”.

O Portavoz nacional do BNG realizou estas declaracións ante os medios de comunicación na cidade de Ourense na que participou nun reparto de folletos en defensa do pequeno comercio no que estivo acompañado dos deputados Tereixa Paz e Alfredo Súarez Canal e diversos cargos institucionais.

Tereixa Paz anima a consumir no comercio local

A deputada do BNG, Tereixa Paz asegurou que “mercando productos do país en Bloque podemos saír da críse”.

Hai que rescatar a economía local, rescatemos o pequeno negocio familiar

A parlamentaria denunciou que o “o incremento do IVE, a subida dos prezos dos productos, servizos e subninstros”, provocará una diminución do consumo polo que animou á cidadanía ourensá en particular, e a galega en xeral, a mercar e consumir productos galegos, “para aumentar o tecido económico de Ourense e a creación de emprego”, afirmou.

Paz reiterou que para facer fronte a críse é preciso que o “Banco Público galego garanta financiamento ás empresas, diminuan os gastos militares e achegas á Igrexa e se supriman as Deputacións provinciais”.

Finalmente, a parlamentaria nacionalista apostou por establecer un “novo tramo do IRPF” e gravar con novos impostos ás grandes fortunas.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG