Guillerme: "Os dados do paro son a crónica dun desastre anunciado, o fracaso de Feijóo"

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, avaliou esta mañá en rolda de prensa os dados do paro feitos públicos hoxe e subliña que é a “evidencia da inutilidade e o fracaso da política da austeridade que defende Feijóo”.

“Son a crónica dun desastre anunciado”, afirmou Guillerme, “esta é a consecuencia práctica das políticas do señor Feijóo e estas cifras evidencian a necesidade dun cambio de rumbo urxentísimo no que Galiza ten que ter capacidade de decisión real”.

Esta EPA só confirma os dados adiantados do paro rexistrado, segundo lembrou o portavoz nacional, e “vén confirmar que o aumento de parados e paradas é moi superior á media estatal e cunha taxa de actividade en Galiza moito menor que no conxunto do Estado”.

Tal e como enfatizou Guillerme, éste último é un dos dados máis significativos, xa que o 55,2 % da poboación activa de Galiza ten emprego frente ao 59,8% do conxunto do Estado.

Do mesmo xeito, o resto de dados referidos á xestión de Feijóo son incontestábeis porque dende o primeiro trimestre do 2009, Galiza é a segunda CCAA do Estado onde máis se incrementou a taxa de desemprego, ésta pasou dun 12,25 a un 21,3%, o que supón un incremento da taxa nun 74,1%, só superada por Asturias. Neste periodo, o incremento da taxa no Estado foi do 49,9%.

 

http://youtu.be/sf5vu1-s-4Q

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG