Os gobernos privatizan as perdas, pero se negan a crear unha banca pública

A deputada do BNG e secretaria de comunicación da Executiva Nacional, Carme Adán, amosou hoxe o rexeitamento do BNG ás novas axudas para o rescate de entidades financeiras que, previsiblemente, aprobará hoxe o goberno en Consello de Ministros.

Nacionalízanse as perdas por despilfarro e por má xestión das entidades financeiras. A Banca Pública é a única alternativa

“Hoxe a xente preguntarase como é posíbel que neste momento os gobernantes estean nacionalizando as perdas provocadas pola mala xestión das entidades financeiras e ao mesmo tempo o propio presidente da Xunta de Galiza non queira nin escoitar falar da posibilidade de crear unha entidade financeira pública -proposta defendida polo BNG-, xustamente para dar crédito ás empresas e ás familias galegas”, asegurou Carme Adán.

Ante esta situación, a responsábel do BNG non dubidou en cualificar a situación de “moi preocupante: nacionalízanse as perdas por despilfarro e por má xestión das entidades financeiras e négase que, como defende o BNG, se cree unha banca pública, que é unha das poucas saídas que quedan para que flúa o crédito e se reactive a economía”.

http://youtu.be/9WQlJpPktF0

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG